Deputación de Lugo

A Deputación impulsa as rutas xacobeas da provincia coa peregrinación de tractores polo Camiño Real deste domingo

A institución elaborou o material informativo desta iniciativa, sumando esforzos cos colectivos organizadores para recuperar esta ruta xacobea e promocionar os recursos agrónomos, culturais e turísticos, que se inclúen no seu itinerarioA colaboración do organismo provincial enmárcase na súa aposta pola promoción dos máis de 800 quilómetros de rutas xacobeas que discorren por Lugo, potenciando todos os seus Camiños, co obxectivo de xerar riqueza A Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real do domingo, Peregrinación Marítima pola Costa de Lugo, Km0 a Compostela, Km0 Balnearios no Camiño e as publicacións Rutas a Santiago polo provincia de Lugo e Camiño do Mar, corroboran o compromiso da Deputación

A Deputación de Lugo colabora coa “Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica” (AGAMAC) e o Grupo de Desenvolvemento Rural “Os Sete Castros” na organización, este vindeiro domingo, da Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real. O organismo provincial elaborou material informativo desta iniciativa, tamén apoiadoa polos Concellos de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Triacastela, Láncara, O Corgo e Lugo. Con esta peregrinaxe, ditos colectivos e institucións luguesas buscan recuperar esta antiga ruta xacobea e promocionar os recursos agrónomos, culturais e turísticos, que se inclúen no seu itinerario. A Deputación continúa, deste xeito, impulsando os máis de 800 quilómetros de peregrinación que discorren pola provincia para xerar riqueza en Lugo.

Na actualidade, o Camiño Real atópase en fase de estudio, ó igual que outros treitos do Camiño Inglés, á espera de determinar, empíricamente, o seu trazado exacto a pesares dos esforzos, neste senso, de intelectuais coma o antigo cronista de Sarria, Felix López, ou Elías Valiña. Segundo os estudos realizados, as súas orixes atópanse no chamado “Camiño Antigo” ou “Camiño dos romanos”, que data precisamente desta época, e permitía ós viaxeiros e comerciantes trasladarse por todo o país.

É moi posible que formara parte dun dos trazados orixinais do Camiño de Santiago. De feito, aínda que hoxe existen outras rutas máis transitables, son varios os trazados do Camiño Real que seguen hoxe en día os peregriños. Une os Camiños Francés e Primitivo. Parte de Pedrafita, transcorrendo por este Concello, así como polo das Nogais, Láncara, O Corgo e Lugo, atravesando lugares emblemáticos como o Mazo de Santa Comba.

Ruta en tractor

A Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real arrincará ás 10:00 horas da mañá do domingo, 24 de febreiro, da parrroquia de Padornelo, en Pedrafita. Tres horas máis tarde, os participante chegarán a Carracedo, en Láncara, onde xantarán na esplanada da antiga Casa Consistorial deste municipio. Sobre as 15:00 horas, a peregrinación continuará ata o Pazo de Feira e Congresos da capital lucense, escenario dun coloquio sobre esta iniciativa. Concretamente, o itenaro transcorre por Padornelo (Pedrafita); Casa Chancia e As Cruces (As Nogais); Meizarán, Cruce Chao de Estacas, Alto de Albela e O Furco (Triacastela); A Armada, A Esfarrapa, Galgos, Carracedo, Lama-Corveira (Láncara); Ponte do Lago, Ponte da Torre, Marey e Hospital (O Corgo); Mazo de Santa Comba, Conturiz, Tolda de Castela e Pazo de Feira e Congresos (Lugo):

Compromiso da Deputación cos Camiños

O actual Goberno provincial traballa na posta en valor dos máis de 800 quilómetros de rutas xacobeas que discurren por Lugo -provincia galega con máis extensión de peregrinación- potenciando todos os seus Camiños cara a Compostela (Francés, Primitivo, Inverno, da Costa, Inglés e o Real) malia que, nalgúns casos, non están recoñecidos oficialmente como tal pola Xunta, administración responsable da materia. Proba deste compromiso, a institución editou Rutas a Santiago en la provincia de Lugo, a 1º publicación sobre as rutas de peregrinación por Lugo, e Camiño do Mar, obra certifica a existencia do Camiño da Costa. Puxo en marcha as programacións: Km0 Balnearios no Camiño, promocionando as rutas xacobeas e o turismo termal; Km0 a Compostela, adiantándose ás restantes administracións galegas cunha programación previa e estable ó último ano xacobeo con decenas de itinerarios; ou a Peregrinación Marítima pola Costa de Lugo, con 3 edicións nas que se reivindicaron o Camiño do Mar e a mellora das instalacións portuarias. O Executivo de Gómez Besteiro instou ó Goberno galego a recoñecer os Camiños de Inverno e do Mar en varias ocasións. Mostra disto, o Pleno Provincial aprobou varias mocións neste senso á proposta do Presidente da Deputación. Este domingo, o organismo lugués sumarase á Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real coa que colabora dentro da súa posta polo impulso dos Camiños para xerar riqueza en Lugo.