Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo organiza a xornada formativa gratuíta Compra Pública Responsable de Produtos do Monte

Imaxe deputación de lugo
A cita, especialmente pensada para responsables de contratación e medio ambiente das administracións públicas, terá lugar o vindeiro día 21 de marzo no Salón de Actos de San MarcosOs expertos presentes na xornada abordarán as claves para fomentar a adquisición de madeira de produción sostible a os beneficios medioambientais e sociais que comportaO potencial forestal da provincia e o volume de negocio que xera a produción de calidade e sostenibilidade certificada fan da compra responsable unha ferramenta de crecemento económico para o rural. Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.org

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá o vindeiro día 21 de marzo, a partires das 9:30 horas, a xornada informativa gratuíta Compra Pública Responsable de Produtos do Monte, especialmente dirixida a técnicos e responsables de medioambiente e contratación da administración pública, así como a proveedores, ONG’s e outros profesionais vinculados á compra sostible de madeira e produtos do monte. Nesta xornada, enmarcada nas accións do proxecto Madera Justa en Acción, abordarase a chamada “compra responsable”, consistente na adquisición de madeira e derivados por parte dos organismos públicos atendendo a criterios ambientais e sociais. Esta práctica, segundo os expertos, reporta importantes beneficios tanto para as propias administracións coma para o medioambiente ou o emprego e economía da zona rural.

As administracións públicas empregan madeira principalmente en mobiliario de oficina, mobiliario urbano, como material de construción, produtos de uso enerxético –sistemas de calefacción de biomasa ou pellets-, ou ben en caixas e embalaxes varios. Así pois, son “compradores en grandes cantidades” de madeira e derivados, podendo exercer un importante factor de incentivación das empresas dos sectores forestal e madereiro a adoptar boas prácticas na súa produción, con respecto a factores coma a inserción sociolaboral, a igualdade de xénero ou a integración con persoas con discapacidade, así como a produción sostible e respectousa co medio.

Así pois, a consolidación dun sistema de compra pública responsables de madeira reporta grandes beneficios non só dende o punto de vista medioambiental, senón tamén dende o punto de vista social. Estas políticas de compra responsables contribúen ó mantemento das masas forestais, que inciden directamente no ciclo da auga ou na protección do solo, ó tempo que o consumo de madeira de orixe sostible contribúe ó desenvolvemento social e económico das zonas rurais, mellorando a calidade de vida das persoas que viven preto do medio forestal.

Contido da xornada

Os técnicos participantes abordarán temas coma o marco legal xa establecido pola normativa internacional (Plan de Aplicación da Cumbre Mundial sobre Desenvolvemento Sostible de 2002); a normativa da Unión Europea, a través das directivas de contratación pública como a 2004/18/EC, que consolida e complementa o contexto xurídico da compra responsable; e a normativa estatal, a través da lexislación que regula a contratación pública.
Neste senso, analizarán aspectos coma o xeito máis adecuado de incorporar criterios de valoración na contratación pública de madeira e derivados de acordo con dita lexislación, coma o de valorar con maior puntuación a madeira que conte con certificacións de calidade e sostenibilidade.

Durante a xornada presentarase a Guía de Compra de madeira sostible, manual que ofrece as claves para os responsables de compra pública, que permitirá ás administracións públicas saber se a madeira e derivados que adquiren respectan os criterios fundamentais de produción sostible.

Datos económicos

A provincia de Lugo aporta o 35% dos máis de 2 millóns de hectáreas da superficie forestal de Galicia, un dos principais produtores de madeira. Ademais, a transformación da madeira é a segunda actividade industrial da provincia de Lugo, figurando como unha das tres primeiras actividades xeradoras de emprego nas zonas rurais. Mesmo en casos coma o da Mariña lucense, o sector da madeira supón máis do 25% do emprego non agrario, concentrando o 30% das empresas lucenses dedicadas ó sector da madeira.

Destes 2 millóns de hectáreas de superficie forestal, tan só 130.000 delas contan con certificación de xestión forestal sostible. Tendo en conta que hoxe en día o sector forestal de transformación da madeira xera un volume de negocio anual duns 2.182 millóns de euros (o que supón o 3,5% do PIB de Galicia), dos que 100 millóns son rendas directas para os propietarios, o feito de que, segundo os datos de mercado tanto a madeira certificada coma os seus derivados acadan prezos ata un 20% máis altos que os produtos madereiros non certificados, as políticas encamiñadas á concienciación e consecución de certificados de sostenibilidade son unha perfecta ferramenta para impulsar a economía do rural.

Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.org