Deputación de Lugo

45 rapaces participan dende hoxe nas actividades de Semana Santa organizadas no CENTRAD pola Deputación de Lugo

A a ilustración de contos infantís, a elaboración de instrumentos musicais e o torneado de madeira centran as actividades gratuítas nesta ediciónO día 27 os nenos ofrecerán un pequeno recital cos instrumentos fabricados por eles mesmos e participarán todos xuntos nunha charla-obradoiro de contos

Os Obradoiros Infantís de Artesanía, a iniciativa posta en marcha pola Deputación de Lugo para dar a coñecer o patrimonio cultural lucense entre os máis novos e axudar a conciliar a vida familiar e laboral durante as épocas de lecer escolar, celebran dende hoxe unha nova edición marcada novamente polo éxito, tal e como adoita que colleita dende os seus comezos, no Nadal de 2011.

Un total de 45 rapaces de entre 5 e 15 anos, participan dende hoxe e ata o día 27 en tres obradoiros con temáticas adaptadas ás idades dos participantes. Así, os rapaces de 5 a 8 anos participarán na actividade “Contando un conto con imaxes”, na que aprenderán a debuxar un álbum ilustrado, contando as historias que imaxinen e empregando materias reciclados. Os de 9 a 11 anos aprenderán a fabricar un instrumento, que posteriormente decorarán segundo os seus gustos. Os rapaces de 11a 15 anos terán a oportunidade de aprender a tornear madeira, descubrindo as diferentes ferramentas e maquinarias que se empregan para esta actividade.

O día de remate dos obradoiros, o mércores 27, haberá dúas actividades especiais. Por unha banda, os nenos que elaboraron os instrumentos musicais ofrecerán un pequeno concerto coas súas zanfonas e, por outra, todos os nenos participantes terán unha charla-obradoiro na que a monitora Noemí López empregará os mecanismos axeitados para á animarós nenos á lectura dende a linguaxe da ilustración de libros infantís e xuvenís.