Deputación de Lugo

Gómez Besteiro pon a MOEXMU como “exemplo do revulsivo económico que a actividade agropecuaria supón para a provincia”

O Presidente inaugurou a 29ª edición da Mostra Exposición de Muimenta, coa que,un ano máis, colabora economicamente o organismo provincial, ademais decederlle tres reses da Granxa Gayoso Castro para a Subasta de GandoSelecto.Besteiro subliñou que, hoxe máis ca nunca, hai que reivindicar as posibilidadesde futuro do agro: “xera riqueza e emprego, combate o despoboamento e coida oterritorio".

O Presidente da Deputaciónde Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres a 29ª edición daMostra Exposición de Muimenta, MOEXMU, coa que, un ano máis, colaboraeconomicamente o organismo provincial, ademais de cederlle tres reses da GranxaGayoso Castro para a Subasta de Gando Selecto. Neste acto, Gómez Besteiro puxo afeira multisectorial chairega como “exemplo do revulsivo económico que aactividade agropecuaria supón para a provincia”. “Unhas 12.000 persoas pasarono ano pasado pola MOEXMU, que xerou un volume de negocio de 100.000 euros, dosque máis de 30.000 foron soamente coa poxa de gando. Iso sen contar arepercusión económica que a afluencia de xente ten nos negocios de Muimenta eda comarca da Terra Chá en xeral, e sen contar tampouco os contactos que fan osgandeiros, empresas de maquinaria, artesáns, produtores... e que poden darlugar a futuras transaccións”, asegurou Gómez Besteiro. 

Xunto ás principaisganderías galegas, nos certames de gando da MOEXMU participa este ano, por primeiravez, unha explotación de Asturias. O certame conta ademais con expositores deLeón, Bilbao, Valencia, Guadalaxara ou Toledo. “Isto demostra que a MOEXMU nonsó é hoxe todo un referente en Galicia, senón que traspasa as fronteiras dacomunidade autónoma”, subliñou o mandatario provincial, ademais de ser unha boamostra de que “a colaboración entre administracións, a suma de esforzos, podedar moi bos froitos para o sector agropecuario”. Polos “seus grandes resultadose unha proxección cada vez maior”, o Presidente felicitou á organización dafeira, que corre a cargo da Asociación de Comerciantes, Empresarios,Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta.

Gómez Besteiro aproveitoueste evento, como “fiel reflexo do gran peso socioeconómico que o sectoragrogandeiro ten na provincia”, para reivindicar que “vivir do rural, e no rural,sexa un dereito, un modo de vida digno e rendible”. “Lugo é campo e temos queser conscientes e convencer, sobre todo ós nosos mozos e mozas, hoxe máis canunca, que o campo é futuro, pois xera riqueza e emprego, combate odespoboamento e coida o territorio”, sinalou.

Centro de recría e Fórmateen Verde

Neste senso destacou aaposta que a Deputación está a facer polo futuro do agro dende hai case 6 anos,a través de ambiciosos proxectos, como o primeiro centro de recría público enEspaña, que constrúe en solitario na Granxa Gayoso Castro, ou o plan Fórmate en Verde, co que crea emprego efixa poboación no rural dando formación gratuíta para crear empresas degandería e agricultura ecolóxica, e xestión forestal sostible. Lembrou asímesmo o apoio financeiro que o organismo lugués ofrece a eventos que, como aMOEXMU, impulsan o sector primario e abren novas vías de comercialización ósprodutos autóctonos. Neste 2013 achegará uns 130.000 euros á organización dunhatrintena de certames.

Toda a fin de semana

Trala inauguración a cargodo Presidente, o xornalista e escritor Paco Rivera fixo lectura do pregón dafeira, que continuará durante toda a fin de semana. Xunto a un recinto de25.000 metros cadrados dedicados á exposición, sobre todo de maquinaria, perotamén de artesanía, produtos autóctonos, cans de raza e demostracións deoficios tradicionais, a MOEXMU consta dos xa tradicionais Concurso de RazaFrisón, Exposición de Raza Rubia Galega e Poxa de Gando Selecto. O Deputado deEconomía Rural e do Mar, José Fernández, participará no acto de clausura docertame, o domingo, ás 13:00 horas.