Deputación de Lugo

Inscritas xa preto de 300 persoas para participar no #INLUGO

Imaxe deputación de lugo
Tras cubrirse o aforo do Salón de Actos en apenas seis horas, só restan algunhas prazas para seguir o Congreso na pantalla do Salón de Plenos. Os interesados con facerse con algunha poden facelo ata o día 4 de xuño en www.deputacionlugo.org ou www.inlugo.comContinúa a presentación de candidaturas para os galardóns #INLUGO, que premiarán ó bo emprego de Internet e novas tecnoloxías de persoas, proxectos ou organizacións lucenses

Preto de 300 persoas están xa inscritas no Congreso #INLUGO, organizado pola Deputación de Lugo para os días 7 e 8 de xuño, que reunirá por primeira vez na capital lucense a máis de 30 recoñecidos profesionais de sectores como o xornalismo, turismo, tecnoloxía, emprego, marketing online ou acción social, cuxos blogs e redes sociais contan con miles de seguidores, abordarán en varias ponencias e debates os cambios nos hábitos, mentalidades, formas de comunicación e estilos de vida que provoca Internet. Os interesados en participar nestas xornadas aínda poden reservar algunha das últimas prazas dispoñibles entrando na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org –na que poderán atopar un acceso directo ó I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais-, ou en www.inlugo.com. Para a participación, respectarase rigorosamente a orde de entrada das solicitudes ata completar o aforo.

Tamén están acaparando a atención os Premios #INLUGO, para os que xa presentaron as súas candidaturas preto de 20 aspirantes. Con esta iniciativa, a Deputación quere recoñecer as persoas, proxectos, organizacións ou empresas da provincia de Lugo que destaquen polo emprego exemplar de Internet e das novas están a destacar polo bo emprego de Internet e as novas tecnoloxías en ámbitos coma o comercio, ocio e restauración; educación e formación; deporte e saúde; cultura ou tecnoloxía. Os interesados poden seguir presentando as súas candidaturas ata a mesma data, 4 de xuño, cubrindo o formulario en www.deputacionlugo.org e www.inlugo.com. Os gañadores recibirán un trofeo e dispositivos tecnolóxicos de última xeneración cedidos por Telefónica.

Aposta pola economía do coñecemento

#INLUGO está cofinanciado nun 80% pola Unión Europea, e conta para a súa organización co apoio de InterQué, entidade integrada por profesionais cunha amplia traxectoria das Novas Tecnoloxías da Información, responsables do desenvolvemento de proxectos de éxito como Bitacoras.com, a maior rede social blogger do mundo hispano, con máis de 350.000 usuarios rexistrados e máis de 1 millóns de blogs indexados; ou Laburo, o 1º metabuscador hispano de emprego.

Baixo o eslogan “Internet cerca de ti”, #INLUGO será encontro de referencia en Galicia, reunindo por primeira vez a profesionais coma Mario Tascón, gurú dos medios dixitais e tweetgrafólogo; Pilar Portero, activista do xornalismo 2.0; Alfonso Alcántara, referente no emprego e coaching 2.0; Wicho, creador do blog máis popular en España; Sebastián Muriel, Tuenti, a rede dos máis novos; Francisco Polo, o ciberactivista de referencia con change.org; Clara Grima, a profesora blogueira das matemáticas; Victoriano Izquierdo, recoñecido fotoblogger con Pixel Fugaz; ou Gonzalo Moreno, Minube, a Comudade de Viaxeiros, entre outros recoñecidos profesionais.