Deputación de Lugo

Gómez Besteiro: “respaldo, creo e apoio totalmente a Orozco”

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación reiterou o seu “máis sinceiro apoio persoal” ó Alcalde, remarcando que “creo na inocencia de Orozco, creo en Orozco e apoio a Orozco”“Nestes momentos, nos que se pon de manifesto un goteo constante de informacións interesadas, que sitúan ás persoas nunha situación de indefensión, que danan a súa honorabilidade e que poden prexudicar as investigacións, é necesaria unha reflexión”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, reiterou hoxe a preguntas dos xornalistas o seu “máis sinceiro apoio persoal” ó Alcalde de Lugo, destacando que “respaldo, creo e apoio totalmente a Orozco”.

O titular provincial subliñou que “nestes momentos, nos que se pon de manifesto un goteo constante, baixo o meu parecer, de informacións interesadas, que sitúan ás persoas nunha situación de indefensión, que danan a súa honorabilidade e que ata poden prexudicar as investigacións, é necesaria unha reflexión”. Gómez Besteiro remarcou “hai que ter moito coidado con este constante goteo de informacións interesadas, que sitúan ás persoas en situacións de permanente indefensión e a ter que estar proclamando constantemente a súa inocencia”.

Gómez Besteiro enfatizou “creo na inocencia de Orozco, creo en Orozco e apoio totalmente a Orozco”.