Deputación de Lugo

A Deputación inicia a roza da rede viaria provincial máis extensa de España, con 4.300 quilómetros

O organismo provincial pon en marcha estas actuacións na tempada estival para previr incendios e aforrar custes, xa que realizar estes traballos con anterioridade, suporía a súa dobre execución, tendo en conta as condicións meterolóxicas Máis de 70 operarios e 50 máquinas levarán a cabo estas tarefas, dotadas de 600.000 euros provinciais, de xeito progresivo nos 67 Concellos luguesesA institución contratou estas actuacións a 23 autónomos e PEMES lucenses para contribuír ó impulso da economía e ó mantemento de emprego na provincia

A Deputación de Lugo iniciou os traballos de roza na que é a rede viaria provincial máis extensa de España, con 4.300 quilómetros. Como en anteriores anualidades, o organismo provincial pon en marcha estas actuacións na tempada estival co obxectivo de previr incendios e aforrar custes, xa que levar a cabo estes traballos con anterioridade, suporía a súa dobre execución, tendo en conta ás condicións meterolóxicas.

A institución luguesa distribúe nas 8 zonas, nas que dividiu a rede viaria máis extensa de España para garantir o seu mantendo, máis de 70 operarios e 50 máquinas, que levan a cabo as tarefas de desbroce de xeito progresivo, actuando nos 67 Concellos lugueses polos que discorren os 4.300 quilómetros provinciais.

Para elo, a Deputación contratou estas actuacións a 23 autónomos e pequenas empresas da provincia, precisamente, para potenciar os seus negocios, contribuíndo ó impulso da economía e ó mantemento de postos de traballo en Lugo ante a crise.

O organismo provincial inviste nestes traballos 600.000 euros, con cargo ós fondos provinciais que achega á conservación da que é a rede viaria provincial máis extensa de España.