Deputación de Lugo

Martínez esixe a Feijóo explicacións logo de que os Alcaldes de Guitiriz, Courel e Quiroga recoñecesen o seu incumprimento ó convenio dos GES

Imaxe deputación de lugo
O voceiro subliña que “Feijóo, responsable do PP en Galicia, así como Rueda, número dous dos populares, Barreiro, presidente deste grupo en Lugo, Raquel Arias ou Balseiro, que sempre anda polo medio, deben aclarar se avalan o cometido e recoñecido polos Rexedores do PP”O Alcalde de Quiroga, membro da directiva da Fegamp e expresidente deste organismo, xustificouse dicindo que mantén coa Fegamp o convenio dos Grumir, que xa non existe porque foi substituído polo GES. Na mesma liña se manifestou a Alcaldesa de Courel, que recoñeceu a contratación de súa irmá“Ó igual que rectificou o Goberno galego convocando a Comisión de Seguimento, esperamos que tamén o fagan estes Concellos. De non ser así, non deberían recibir o financiamento do convenio”

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, esixiu hoxe explicacións ó Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, logo de que os Alcaldes de Guitiriz, Xosé María Teixido; Folgoso do Courel, Lola Castro; e Quiroga, Julio Álvarez; recoñecesen, públicamente, que incumpriron o convenio de Xunta, Deputacións galegas e Fegamp para a posta en marcha dos GES, cometendo “graves irregularidades” nos procesos de selección do persoal. Martínez subliñou que “Feijóo, responsable do PP en Galicia, así como Rueda, número dous dos populares, Barreiro, presidente deste grupo en Lugo, Raquel Arias ou Balseiro, que sempre anda polo medio, deben aclarar se avalan o cometido e recoñecido polos Rexedores do PP”.

O tamén Deputado explicou que “por un lado, temos ó Alcalde de Guitiriz, que foi capaz de asegurar, textualmente, que mellorou unhas bases que, tal e como apunta o convenio, son cómuns para todos os grupos e públicas porque o obxectivo é crear unha rede de auténticos profesionais, altamente cualificados e formados, para cubrir as emerxencias na Comunidade.

Teixido modificounas, comentendo unha grave irregularidade, para contratar a amigos. ¿Qué mellorou o Alcalde, alterando a idade dos aspirantes a estas prazas, situándoa nos 16 anos cando, segundo a lei vixente, con esta idade non podes ter o carné C, un dos requisitos imprescindibles para ser parte dos GES?”.

Martínez engadiu que “por outro lado temos ós Alcaldes de Quiroga e de Folgoso do Courel que afirmaron, tamén textualmente, que se desvincularon do convenio dos GES e que non firmaron nada con Xunta e Deputación porque manteñen un convenio coa Fegamp para os GRUMIR. ¿Como Julio Álvarez, actual membro da directiva da Fegamp e expresidente deste organismo, é capaz de xustificarse deste xeito, mentindo, cando estivo presente nas reunións para a posta en marcha dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal en substitución dos GRUMIR, que xa non existen? ¿Acaso o Goberno galego ten un convenio específico para Quiroga e Courel, que descoñecemos o resto de Concellos?”

Sobre a Alcaldesa do Courel, que recoñeceu a contratación de súa irmá, o voceiro preguntou se ¿é posible que a asesora de Raquel Arias descoñeza, tal e como asegurou, o convenio que a Xunta asinou con Deputacións e Fegamp?

Rectificar ou non financiar

Martínez remarcou que “o feito por estes Alcaldes do PP é unha falta de respecto en todos os sentidos. Primeiro, ós profesionais que se están a preparar para ser parte dos GES, ó resto de Concellos que cumprimos co convenio, así como á Xunta, a Feijóo e a Rueda. ¿Vai avalar isto o Presidente da Xunta ou o Conselleiro de Presidencia, como responsable dos GES?”. O Deputado salientou que “esperamos que isto se aclare na Comisión de Seguimento e que, ó igual que rectificou o Goberno galego, convocando esta reunión debido ó recoñecido incumprimento do convenio por parte dalgúns Alcaldes do PP, tamén rectifiquen os Rexedores de Guitiriz, Folgoso do Courel e Quiroga e se axusten ó convenio. De non ser así, a Xunta non debería outorgar a estes municipios o 60% do financiamento. Neste caso, a Deputación non o fará. Só hai dúas alternativas: rectificar ou non ser financiados”.