Deputación de Lugo

Deputación e Alcaldes acordan continuar coa selección do persoal dos GES logo de que a Xunta rectificase e convocase a Comisión de Seguimento

Imaxe deputación de lugo
Os Concellos que se axustan ó convenio publicaron hoxe as listaxes de admitidos, evitando discriminacións con outros municipios da provinciaDeputación e Alcaldes urxen a inclusión na orde do día da Comisión de Seguimento que se aclaren os graves feitos acontecidos en Guitiriz, Courel e Quiroga para despexar o futuro destes gruposEntre outros, a Alcaldesa de Folgoso do Courel debe explicar porque fixo un concurso de méritos, evitando o concurso oposición aprobado no convenio, e contratou a súa irmá

Ante a rectificación da Xunta, que convocou a Comisión de Seguimento dos GES, tal e como lle esixiu a Deputación de Lugo tras as graves irregularidades detectadas en Guitiriz, Folgoso do Courel e Quiroga, o organismo provincial e os Alcaldes de Becerreá, A Pontenova, A Fonsagrada e Monterroso acordaron seguir cos procesos de selección do persoal para evitar discriminacións con respecto a todos Concellos. Hoxe mesmo, estes municipios, que si se están a axustar ó convenio asinado e á legalidade vixente, publicaron nos seus respectivos taboleiros as listaxes de admitidos e excluídos nestes procesos.

A institución luguesa fixo esta petición ós Rexedores logo de que o Goberno galego anunciase a celebración o vindeiro luns, 8 de xullo, da Comisión de Seguimento dos GES. Deputación e Alcaldes esperan que na reunión se esclarezan as graves irregularidades detectadas, así como que se despexe o futuro deste programa, acordado por Xunta, Deputacións galegas e Fegamp para cubrir as emerxencias en Galicia cun equipo de prestixiosos profesionais. Con este fin, se redactaron, textualmente, unhas “bases comúns para todos os grupos e públicas”, tal como dice o convenio.

Irregularidades

Non obstante, segundo as denuncias formuladas, Guitiriz modificou as bases, alterando os requisitos dos aspirantes e as puntuacións. Por exemplo, estableceu que poden concorrer a estas prazas todas as persoas que teñan cumpridos os 16 anos, cando no convenio se determina que hai que ter 18 anos. Puntuou cun máximo de 4,5 puntos o traballo desenvolto como persoal do Grumir ou nos Grupos Municipais de Emerxencias, cando no convenio a puntuación máxima e de 3 puntos; cun máximo de 1 punto a prestación de servizo en operativos de intervención directa en emerxencias, accidentes, incendios e outras labores de salvamento, cando no convenio son 2,5 puntos; ou cun máximo de 0,5 puntos POR CADA ANO na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, cando no convenio son 0,5 puntos POR CADA MES. En Folgoso do Courel e Quiroga xa contrataron este persoal, saltándose os prazos fixados pola Xunta. Non so alteraron o calendario, senón que celebraron un concurso de méritos, evitando o concurso oposición, do que saíu contratada a irmá da Alcaldesa do Courel, Lola Castro.

Clara discriminación

Deputación e Alcaldes manteñen que o acontecido neste Concellos supón unha clara discriminación para os propios aspirantes ós GES, para todas aquelas persoas que se están a preparar para un proceso de selección dos mellores, de auténticos profesionais das emerxencias, con formación e prácticas, por vez primeira en Galicia, no sector.