Deputación de Lugo

Gómez Besteiro destaca 'o papel clave' dos xubilados para que os mozos coñezan o verdadeiro Estado do Benestar

O Presidente da Deputación, xunto ó Alcalde da capital luguesa, participou no II Congreso da Unión de Pensionistas e Xubilados de Lugo, Lemos e a Costa de UXT“Temos máis paro, máis impostos e menos servizos. Defendamos os dereitos dos traballadores porque estamos indo cara a ruína da maioría absoluta”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ó Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, participou esta tarde no II Congreso da Unión de Pensionistas e Xubilados de Lugo, Lemos e Costa Lucense de UXT. Gómez Besteiro subliñou que “ante os feitos históricos que estamos a vivir, nun momento no que corremos o risco de retroceder 50 anos nos logros sociais acadados, o papel do colectivo de xubilados é clave para que os máis novos coñezan o verdadeiro Estado do Benestar”.

O titular provincial explicou que “temos máis paro, máis impostos e menos servizos. Por primeira vez en moitos anos, os pais creen que os seus fillos van a ter un futuro peor que o deles. Estamos a volver ós tempos nos que, se non eres fillo dun maxistrado ou dun médico, xa nos podes estudar. Coa vosa experiencia, emprázovos a explicarlle ás xeneracións que nos seguen como era o noso sistema de pensións, a nosa educación e sanidade pública, e o noso Estado do Benestar para non perder o que é de todos. Temos que defender os nosos dereitos, os dereitos de todos os traballadores porque estamos indo cara a ruína da maioría absoluta. Corriximos esta situación”.