Deputación de Lugo

A Fonsagrada recibe as actividades lúdicas que propón a Deputación

A localidade acolleu este domingo a iniciativa de lecer organizada pola Deputación a través do proxecto LugoteandoAs prazas ofrecidas para estas actividades ascendían ata 100.Dentro das actividades das que desfrutaron os Fonsagradinos atopamos o ezy roller, o segway ou o prato estrela, o simulador de olas.

A Deputación de Lugo ofreceu esta tarde na Fonsagrada actividades de lecer da man da iniciativa Lugoteando. Este domingo foi a quenda da Fonsagrada. Os xogos comezaron ás 15:00 horas na Praza do Museo da Fonsagrada e duraron máis de 5 horas. As actividades, financiadas no 80 % por fondos europeo, o que pretenden é fomentar entre os Lucenses o interese polo medio natural que nos rodea e tamén, incrementar a actividade económica da zona, creando novos servizos e novos postos de traballo. Entre as actividades que ofertaron esta tarde están o ezy roller, skate a motor, gateway ou longskate, aínda que o prato forte da tarde do domingo foi o simulador de olas co que a xente puido coñecer cal é a sensación que provoca cabalgar sobre as olas ó facer surf. Esta foi unha das actividades máis demandadas de toda a xornada desta tarde de domingo.

Prazas dispoñibles

Ademais da Fonsagrada, A Deputación de Lugo leva Lugoteando a sete localidades máis na provincia, ofrecendo un total de 1.000 prazas. A programación é moi variada polo que, ademais das actividades das que desfrutaron, ofréceuse a posibilidade de facer surf, coñecer os sea scooter -un pequeno motor con hélices que permite mergullarse con facilidade- subirse ás bananas acuáticas, facer paseos en canoa ou experimentar os patinetes acuáticos a pedal. A institución segue a ofertar prazas para realizar estas actividades. Para anotarse nas actividades, que son de carácter gratuíto, é preciso apuntarse na páxina da web da Deputación www.deputacionlugo.org. As actividades previstas son as seguintes:

-3 de agosto: O Valadouro, na praza de Ferreira do Valadouro.
- 4 de agosto: O Incio, na praza do Concello.
- 10 de agosto: Viveiro, no Clube Náutico.
- 11 de agosto: Monforte de Lemos, o parque dos Condes
- 17 de agosto: Foz, na praia da Rapadoira
- 18 de agosto: Vilalba, na area recreativa da Madalena
- 7 e 8 de setembro: Lugo, na zona recreativa fluvial dos Robles.