Deputación de Lugo

A Deputación entrega os primeiros diplomas ós rapaces que participan nos obradoiros infantís do CENTRAD

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, foi a encargada de entregar os diplomas ós pequenos artesánsOs nenos que participaron nesta primeira quenda aprenderon durante 15 días a realizar traballos con coiro, oleiría, cestaría, feltro e incluso dibuxo con graffitiOs obradoiros gratuitos continuan no mes de agosto con outras 45 prazas para nenos de entre 5 e 15 anos

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, entregou este venres os diplomas ós primeiros participantes que veñen de rematar os obradoiros gratuítos que ofrece o CENTRAD. Nesta primeira quenda participaron 45 rapaces de entre 5 a 15 anos que aprenderon durante duas semanas as técnicas para traballar con cerámica, coiro, cestería, feltro e graffiti, entre outros.

Os obradoiros que se celebran nas instalacións do CENTRAD, nas inmediacións do Río Rato, están organizados segundo as idades. Deste xeito, os máis cativos de entre 5 e 8 anos aprenderon a facer obras artísticas con elementos de reciclaxe e se inciaron no mundo da cerámica. Pola sua banda os rapaces de 8 a 11 anos traballaron con coiro e fixeron o seu propio cesto, mentres que os maiores, de entre 11 e 15 anos traballaron con graffiti e fixeron o seu propio pano de feltro.

Segundo explicou a Deputada de Deseño e Artesanía, a Deputación pretende, con estas actividades gratuítas, achegar a artesanía aos rapaces lugueses independentemente da súa idade ofertando un lecer diferente para os meses de verán. Os pais que asistiron a entrega de diplomas agradeceron tamén a iniciativa da Deputación por axudarlles a conciliar a súa vida laboral coas vacacións estivais dos seus fillos, sabendo que están a realizar tarefas formativas apropiadas á súa idade.

Os rapaces, pola súa banda, se amosan contentos por desfrutar nestes días de verán dunha actividade diferente, ao aire libre e con outros nenos da súa idade. Durante estes días, ademais os cativos levan para a sua casa as pezas que realizaron nos obradoiros e das que se amosan orgullosos.

Segunda quenda en agosto

Rematados os primeiros obradoiros, o CENTRAD oferta outros cursos para o mes de agosto en duas semanas. Entre os días 19 ó 23 e do 26 ó 30 outros 45 rapaces poderán aprender novas técnicas artesáns en función da súa idade. O horario vai dende as 9:00 horas da mañá ata as 14:00 horas do mediodía. Son cursos gratuítos e as prazas xa están cubertas o que demostra a aceptación desta inciativa da Deputación.