Deputación de Lugo

COMUNICADO OFICIAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO CON MOTIVO DA TRAXEDIA FERROVIARIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Deputación de Lugo expresa as súas máis sentidas condolencias ás familias das vítimas e feridos da maior traxedia ferroviaria en España nos últimos trinta anos, e quere facerlles chegar o seu apoio e solidariedade nunha xornada de loito na que Galicia ten o corazón encollido.

O organismo provincial súmase ós 7 días de loito na Comunidade galega decretados pola Xunta. No Pazo de San Marcos, desde primeira hora, as bandeiras ondean a media hasta e con crespón negro en sinal de recordo, respecto e homenaxe ás ducias de persoas afectadas pola traxedia ferroviaria en Santiago de Compostela.

O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, anulou onte a súa axenda institucional tras coñecer o fatídico accidente, e púxose en contacto co goberno galego para ofrecer todos os medios da Deputación de Lugo que puidesen necesitar, tanto a Xunta de Galicia como, en concreto, a Dirección Xeral de Emerxencias.