Deputación de Lugo

A Deputación suma un aforro de 6 millós de euros ós Concellos nunha anualidade, coa arranxo de vías municipais

Nos últimos días, a institución aprobou medidas por valor de 1 millóns de euros, que garanten que a institución continúe mellorando estradas dos Concellos este ano e durante todo o 2014Ata o momento, o organismo provincial mellorou 534 quilómetros de vías de 20 municipios, aforrándolles ós 5 millóns de euros que suporían a contratación externa destas actuacións

A Deputación suma xa un aforro de 6 millóns de euros a Concellos lugueses de todas as cores políticas coas medidas aprobadadas e executadas nesta última anualidade para a mellora de vías estrictamente municipais. O organismo provincial está a asumir con fondos propios e medios do Parque Móbil todas as actuacións necesarias para o acondicionamento de vías locais, evitando contratacións externas ás entidades locais.

A última medidada acordada esta mesma semana supón un aforro de 700.000 euros ós Concellos. Trátase da adquisición dunhas 1.400 toneladas de emulsión asfáltica. A este cantidade, engádense ós 300.000 euros de aforro ós Concellos pola contratación, tamén nos últimos días, de áridos (164.000 euros) e de dúas palas retrocargadoras (150.000 euros).

Este material permitirán arranxar máis vías municipiais no que resta deste ano e no 2014. Ata o momento, a Deputación xa rexenerou 343 quilómetros de estradas locais, bacheou outros 129 quilómetros e reparou accesos en máis de 26 quilómetros. É dicir, mellorou un total de 534 quilómetros de estradas baixo a responsabilidade dos Concellos, aforrándolles 5 millóns de euros. Trátase da cantidade, segundo as valoracións dos técnicos e os prezo do mercado, que deberían desenvolvar os municipios no caso de asumir cos seus medios estes traballos.

As vías locais que durante este ano reparou a institución provincial distribúense en 20 municipios: Castro de Rei, Becerreá, Cervantes, Castroverde, O Corgo, Guitiriz, O Incio, Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, O Páramo, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Samos, Sober, Viveiro, Xermade e Pobra do Brollón.

Logo de reorientar o Parque Móbil provincial no 2009, a Deputación ten á disposición dos municipios un total de 20 operarios e 18 maquinas, que continuarán polo menos ata o 2015 mellorando estradas municipais grazas ás medidas acordadas pola institución nos últimos días. Esta é unha nova vía de cooperación cos Concellos que puxo en marcha o actual Goberno Provincial ante as demandas municipias e a redución de recursos ás arcas locais, que imposibilita ós Concellos mellorar as súas vías en beneficio dos veciños.