Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo expresa as súas condolencias polo falecemento de Benxamín Casal

Imaxe deputación de lugo
O Presidente enviou un telegráma á familia do escritor e político, trasladándolle o pesar da Corporación pola morte “dun lucense exemplar”Esta tarde, Deputados Provinciais transmitirán persoalmente á familia de Benxamín Casal as condolencias da institución no tanatorio lugués

O Presidente da Deputacion de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, enviou este venres un telegrama á familia de Benxamín Casal, trasladándolle o pesar da Corporación Provincial polo falecemento “dun lucense exemplar”.

Bexamin Casal, Presidente da Editorial Galaxia, faleceu esta madrugada ós 78 anos de idade. Enxeñeiro agrónomo e economista, o lugués foi conselleiro de Economía e Indusria da Xunta entre 1978 e 1979, e Deputado do Parlamento de Galicia polo PSdeG durante a primeira lexislatura, entre 1981 e 1985.

Representantes da Corporación Provincial expresarán persoalmente as condolencias da Deputación á familia de Casal esta tarde no tanatorio lugués, onde se atopan os seus restos mortais.