Deputación de Lugo

A Deputación ofrece formación gratuíta en xestión e protección de datos ós Concellos da Mariña

Imaxe deputación de lugo
A Deputación organizou este mércores unha xornada dirixida ó persoal dos Concellos mariñanos adheridos ó Innova-TE sobre a aplicación da lei de protección de datosAlfredo Llano deu conta dos resultados das auditorías técnicas realizadas previamente, dentro desta iniciativa que permite un aforro medio de 3.000 euros a cada un destes 9 ConcellosAs vindeiras citas para dar a coñecer os resultados das zonas sur e centro da provincia serán o os días 4 de decembro en Monforte de Lemos e o 11 do mesmo mes en Lugo

A Deputación organizou este mércores en Burela unha xornada dirixida o persoal da administración local dos Concellos da Mariña adheridos ó Innova-TE. Os asistentes aprenderon acerca de aspectos como o tratamento de datos no ámbito das redes sociais e internet, a normativa de videovixilancia, a xestión de contrasinais ou a navegación segura pola rede, recoñecendo e evitando as ameazas máis frecuentes. Deste xeito, a Deputación contribúe a que as Administracións Locais se adapten ó Esquema Nacional de Seguridade nas Administracións Públicas que entra en vigor en xaneiro do 2014.

O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo LLano, deu conta das auditorías técnicas previas que a institución provincial levou a cabo nos municipios adheridos ó Innova-TE, e que deron como resultado a formación recibida hoxe polos traballadores dos Concellos de Burela, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto e Viveiro.

As auditorías técnicas realizáronse co obxectivo de detectar posibles deficiencias en materia de seguridade informática, que puideran poñer en risco a confidencialidade de datos persoais. Cos datos recabados conformáronse manuais de boas prácticas que tamén foron entregados hoxe, contribuíndo ó estrito cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos.

Esta iniciativa ten un custe estimado de 27.000 euros, cartos que o organismo lugués aforra a estes nove Concellos. De feito, en toda a provincia son 48 os municipios adheridos ó Innova-TE, cofinanciado ó 80% con fondos europeos, o que supón un aforro total de 144.000 euros ás arcas municipais.

As vindeiras citas para dar a coñecer os resultados das zonas sur e centro da provincia serán o os días 4 de decembro en Monforte de Lemos e o 11 do mesmo mes en Lugo.