Deputación de Lugo

A Deputación ofreceu medio milleiro de horas de formación gratuíta a máis de 600 empregados públicos de toda a provincia

Imaxe deputación de lugo
O Presidente o Deputado de Goberno Interior entregaron hoxe os diplomas acreditativos a parte dos 660 participantes nas 20 accións formativas do Plan de Formación 201321.300 traballadores públicos de todas as administracións da provincia tiveron á súa disposición a custe cero máis de 500 horas de formación presencial e “on line”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado da Área de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, fixeron entrega nun acto que tivo lugar este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, dos diplomas acreditativos da asistencia e aproveitamento a algúns dos traballadores públicos que participaron nos cursos enmarcados dentro do Plan de Formación para 2013. Estes foron unha representación dos máis de 600 traballadores que tomaron parte nalgún destes 20 cursos do Plan Agrupado de Formación Continua.

Os cursos impartíronse tanto na modalidade presencial (11), coma “on line” (9), poñendo un total de 533 horas de formación totalmente gratuíta a disposición dos máis de 21.300 empregados das diferentes administracións da provincia. De feito, houbo participantes procedentes tanto da Deputación coma do resto dos Concellos da provincia.

En canto ás materias abordadas, estas abrangueron as novas tecnoloxías e a comunicación; servizos sociais; economía e xestión orzamentaria; recursos humanos; procedementos administrativo e xurídico e de contratación; urbanismo e medio ambiente ou normativa vial e procedementos de excarceración. Estas últimas estiveron dirixidas ós corpos de policía local e bombeiros da provincia, e foron posibles grazas á colaboración entre a institución provincial e o Concello de Lugo.

A Deputación de Lugo é a única de todas as galegas que conta co certificado ISO9001:2008, que acredita a calidade da formación impartida, así como o cumprimento das necesidades e requisitos esixidos polos seus usuarios.