Deputación de Lugo

A Deputación reforza o dispositivo por neve nas zonas altas da provincia, con 104 operarios e 74 máquinas

A institución desprega este operativo a Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribeira de Piquín, Triacastela, Samos e O InicioSon os Concellos con maiores dificultades para circular, xa que as estradas acumulan ata 40 centímetros de neve, feito que supuxo o peche ó trafico de 24 vías provinciais na zona

A Deputación reforza o dispositivo por neve nas zonas altas da provincia, incrementando a 104 operarios e 74 máquinas os medios que actúan nas estradas.

O organismo provincial desprega este operativo ós seguintes Concellos: Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribeira de Piquín, Triacastela, Samos e O Incio.

Trátanse dos municipios con maiores dificultades para circular, xa que as vías acumulan ata 40 centímetros de neve. Isto supuxo que, arestora, 24 estradas provinciais da zona se atopen pechadas ó tráfico.

O dispositivo da Deputación continuará traballando ó longo da xornada de hoxe.