Deputación de Lugo

Medios da Deputación rescatan a unha familia atrapada durante dúas horas por mor da neve na Degrada

O organismo provincial tamén colaborou coa Xunta de Galicia despexando ós accesos autonómicos ó centro remisor de telecomunicacións da Montaña, logo de que o Goberno galego alertase da ausencia de medios32 operarios e 16 máquinas continúan arestora actuando en 8 Concellos lugueses. As maiores dificultades para circular atópanse no Alto do Poio en Pedrafita, e Teixeira no Courel

Medios da Deputación rescataron esta madrugada a unha familia que quedou atrapada durante dúas horas por mor da neve nunha autocaravana na Degrada, cando se dirixía ó albergue do Piornedo. O dispositivo do organismo provincial atendeu o aviso do servizo de emerxencias do 112 e mobilizou á zona catro operarios, unha cuña e un todoterreo.

A institución luguesa tamén colaborou coa Xunta de Galicia na limpeza dos accesos autonómicos ó centro remisor de telecomunicacións, que dá servizo ós Concellos da Montaña. O Goberno galego alertou da ausencia de medios para despexar esta zona da súa titularidade e o organismo provincial mobilizou os seu dispositivo. Varias cuñas despexaron 3,5 quilómetros no Alto do Poio, en Pedrafita do Cebreiro, onde se atopan as torres de telecomunicacións.

32 operarios e 16 máquinas da Deputación continúan arestora despexando as estrada dos seguintes 8 Concellos: A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Folgoso do Courel, Samos e O Incio.

As maiores dificultades para circular atópanse na LU-P-4501, á altura do Alto do Poio en Pedrafita, e en Teixeira no Courel.