Deputación de Lugo

'A suba do canon de SOGAMA é unha medida recadatoria imposta, que prexudica gravemente ós cidadáns e ataca á autonomía local'

José Luis Raposo presentou este luns a proposta que o grupo socialista levará ó Pleno para esixir a retirada da suba no canon de SOGAMA e o inicio dun diálogo cos representantes dos Concellos por parte de Feijóo para buscar solucións consensuadasO Deputado denunciou que esta suba, adoptada “por decretazo” posto que foi introducida na Diposición Adicional 21ª dos Presupostos da Xunta para 2014, “borra totalmente ós Concellos no momento en que un terceiro interven no prezo para incrementalo de xeito unilateral”A solución adoptada foi “a que máis prexudica ó cidadán. Non é xusto que moitas familias que contan cuns ingresos de 400 euros, ou algunhas mesmo nin eso, teñan que enfrontarse a unha suba na basura dun 34%”

O Deputado José Luis Raposo presentou este luns a proposta que o grupo provincial socialista levará ó Pleno de mañá, 25 de febreiro, coa que manifestan o seu “rexeitamento á suba do canon de SOGAMA por ter carácter recadatorio e por ser unha imposición unilateral que atenta contra a autonomía local”, ó tempo que esixen a Núñez Feijóo “que inicie un diálogo cos representantes dos Concellos galegos que permita obter unha solución consensuada sobre o prezo do tratamento de residuos, así como “a inmediata retirada da suba do canon de SOGAMA e explorar outras vías propostas no Plan Económico-Financeiro, que abaraten a xestión e tratamento dos residuos”.

Raposo destacou que a decisión de aumentar a taxa abonada polos Concellos nun 34%, e que entrará en vigor o 1 de marzo deste ano, responde “a unha única intención: recadar máis cartos”, logo de que a retirada da prima ás enerxías renovables e a suba do gas supuxeran unha redución de 4,4% e 6,3%, respectivamente, nos ingresos de SOGAMA. Segundo subliñou o Deputado, esta “é unha empresa pública cuns beneficios de 10 millóns de euros -6,6 millóns libres de impostos- que pretenden manter”. Raposo insistiu nas contradicións constantes do Partido Popular, que defende a liberalización do público, pero non dubida en “castigar” ós cidadáns para recapitalizar SOGAMA.

Contra a autonomía local

José Luis Raposo denunciou o feito de que este aumento no canon se adoptara “por decretazo, como adoita facer o Goberno autonómico dende que Feijóo chegou á Xunta de Galicia”, xa que a suba introducíuse na Diposición Adicional 21ª dos Presupostos da Xunta para 2014, a pesares de que, tal e como lembrou Raposo, “a maioría dos Concellos tiveran asinado un contrato con SOGAMA ata o 2018, no que se falaba de revisións en función do IPC anual”. De feito, este contrato é privado “posto que nel só interveñen SOGAMA e cada un dos Concellos, así que esta suba, que presenta moitas dúbidas dende o punto de vista xurídico, borra totalmente ós Concellos no momento en que un terceiro interven no prezo para incrementalo de xeito unilateral”.

Solucións alternativas

Raposo subliñou que a Xunta “minte cando di que esta é a única solución para asegurar a rendabilidade do sistema de tratamento de residuos”, posto que a auditoría encargada ofreceu outras recomendacións que se reflicten no Plan Económico-Financeiro de SOGAMA, e que pasan por medidas como a separación de residuos en orixe; a revisión dos contratos cos proveedores; do transporte dos residuos ou dos gastos de persoal. Con respecto a estas alternativas, o Deputado insistiu en que “si o que pretenden é buscar rendabilidade poderían empezar por pensar se realmente é necesario contar con dúas figuras como as do Presidente e do Director Xeral que cobran 72.000 e 63.000 euros, respectivamente”. Nembargantes, a solución adoptada foi “a que máis prexudica ó cidadán. Non é xusto que moitas familias que contan cuns ingresos de 400 euros ou algunhas mesmo nin eso, teñan que enfrontarse a unha suba na basura dun 34%”, sentenciou.

Raposo lembrou, ademais, que o sistema de xestión de residuos empregado por SOGAMA na actualidade está moi alonxado das políticas europeas, que apostan pola reciclaxe, destino de só un 8% dos residuos tratados por SOGAMA –fronte a unha media do 24% que se está a reciclar na Unión Europea-. Así mesmo, no 2020 a Unión Europea prohibirá definitivamente os sistemas de incineración e vertedoiro, “co que aparece unha nova dúbida ante o futuro de SOGAMA. Terán que pensar nun proxecto viable e, entón, que farán? Volverán a subir as taxas ós Concellos por decretazo?”, sentenciou.