Deputación de Lugo

O novo marco competencial das administracións locais a debate o luns no V Encontro de Cooperación cos Concellos

Imaxe deputación de lugo
A xornada contará coa participación de Fernando García Rubio; Manuel Medina Guerrero; Manuel Zafra ou Tomás de la Quadra-Salcedo, entre outros prestixiosos expertosO encontro, que é gratuíto, está dirixido a responsables e traballadores das administracións locais. Será retransmitido en streaming pola Fundación Tic na web www.deputacionlugo.org

A Deputación de Lugo organiza o luns o V Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos, que contará coa participación de seis prestixiosos expertos no país no ámbito da Administración Pública. O tema central da xornada será a reforma das bases do réxime local español, introducida pola Lei 27/2013, do 27 de decembro. Debatirase acerca de aspectos de máxima actualidade e relevancia para as administracións locais, como o xeito en que a entrada en vigor desta Lei altera as relacións entre os dous niveis de goberno local –Deputacións e Concellos-, ou como esta afecta á autonomía local.

Para isto, están previstas ponencias, mesas redondas e unha lección maxistral a cargos dos seguintes expertos:

Tomás de la Quadra-Salcedo Fernández del Castillo: ex-ministro de Administración Territorial e Xustiza, foi un dos responsables do proceso autonómico en España coa redación da Lei Orgánica de Armonización do Proceso Autonómico. Na actualidade é Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.
Manuel Zafra: profesor titular de Ciencia Política e da Administración Pública da Universidade de Granada, foi Director Xeral de Cooperación Local no Ministerio de Administracións Públicas; Director Xeral da Administración Local na Junta de Andalucía e Director do plan Estratéxico da Deputación de Granada.
Manuel Medina: Catedrático de Dereito Constitucional na Facultade de Dereito na Universidade de Sevilla, foi Letrado do Tribunal Constitucional.
Fernando García Rubio: profesor titular de Dereito Administrativo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid
Tomás Quintana López: catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León
Eloísa Carbonell Porras: Catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Jaén.

Programa do Encontro

Está previsto que unhas tantas persoas procedentes de toda a provincia participen neta xornada, que se desenvolverá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos entre as 9:15 e as 14:45 horas, co seguinte horario:

9:15 horas: inauguración das xornadas a cargo de Álvaro Santos Ramos, Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos.
9:30-10:30 horas: mesa redonda sobre “A reforma do réxime local español”. Interveñen Fernando García Rubio, Manuel Medina Guerrero e Tomás Quintana López.
10:45-11:30 horas: lección maxistral “Aspectos máis importantes da reforma da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local de 2013”, a cargo de Tomás de la Quadra-Salcedo, a quen o acompañará o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.
12:00-13:00 horas: ponencia de Manuel Zafra sobre “O papel das deputacións no novo marco da planta local”
13:00-14:45 horas: ponencia de Eloísa Carbonell sobre “O novo modelo de distribución das competencias dos entes locais”, e posterior debate.

Todos os que desexen escoitar as interesantes aportacións dos poñentes acerca da reforma de réxime local poderán facelo tamén en tempo real a través da web www.deputacionlugo.org, xa que como noutros eventos, a Fundación TIC encargarase da retransmisión en directo en streaming.