Deputación de Lugo

Máis de 200 persoas aprenderán a transformar roupa ou decorar os seus fogares, cos 21 novos cursos do Centrad

Regina Polín presentou este martes a programación do Centrad para os vindeiros seis meses, que inclúe 21 obradoiros con 206 prazas e 1.116 horas de formaciónNesta ocasión, a Deputación celebrará cursos en Pastoriza, Abadín, Bóveda, O Incio, Vilalba e Becerreá. Na anterior convocatoira, fíxoo en Ribadeo, Monforte, Xermade e Cervantes Aberto dende hoxe o prazo de inscrición en www.deputacionlugo.org. Máis información na propia web ou no teléfono 982 210 066

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentou este martes unha nova tempada de cursos do Centrad, na que poderán participar máis de 200 persoas. Trátanse de 21 accións formativas, que combinan ensinanzas propias de oficios tradicionais, como a cestería ou o tear, con outras técnicas de marcado carácter práctico, coas que os alumnos aprenderán a transformar roupa ou decorar os seus fogares.

A Deputada, acompañada por varias monitoras dos talleres do Centrad, destacou que “os cursos poden axudar a encontrar saídas profesionais", ademáis asegurou que desde a Deputación trátase de achegar este tipo de cursos a “toda a poboación” para que o maior número de xente teña acceso a eles e poida aprender diferentes labores ou tarefas.

“Arranxa ás túas prendas”, “Decora a túa roupa” ou “Maquinaria, confección arte para reciclar” son algún dos cursos cos que os participantes poderán dar un novo aspecto ás súas prendas. Para decorar os fogares ou xardíns, o Centrad ofrece accións formativas como “Confecciona o teu propio felpudo”, “Patchwork” ou “Vimbio vivo: estruturas para xardín” e “Iniciación á cestería creativa”, cos que elaborar novas pezas.

Dentro da aposta por descentralizar a formación e facilitar a participación, como é habitual o Centrad leve varios cursos ós Concellos. Por exemplo, na anterior convocatoria, Ribadeo, Xermade, Monforte e Cervantes acolleron obradoiros. Nos vindeiros seis meses, serán A Pastoriza, Abadín, Bóveda, O Incio, Vilalba e Becerreá os que o fagan.

Inscripcións

21 cursos, con 206 prazas e 1.116 horas de formación. Esta é o resume da nova programación de cursos do Centrad, que arrancará este mesmo mes e ata xuño. O prazo de solicitude ábrese hoxe e rematará cinco días antes da data do comezo de cada obradoiro. A matrícula farase online. Para elo, os interesados terán que acceder a www.deputacionlugo.org, onde atoparán o modelo de solicitude para, que deberán encher cos seus datos. Unha vez cuberto, a aplicación informará ó interesado se está admitido ou en lista de espera.

Cada alumno poderá participar nun único curso por tempada, agás no caso de que resten prazas vacantes noutros cursos unha vez pechado o prazo de inscrición. Os alumnos que cumpran a totalidade de horas do curso ou ben só faltaran, xustificadamente, un 10% da carga horaria do mesmo, poderán obter os correspondentes diploma e certificación de asistencia.

Para obter máis información sobre datas, horarios, prezos de matrícula e inscricións, os interesados poden consultar a páxina web anteriormente citada, chamar ó teléfono 982 210 066 ou ben achegarse ata as instalacións do Centrad (Travesía Rúa Chantada, s/n).