Deputación de Lugo

A Fundación TIC apoia ó pequeno comercio coa difusión do Street Market da cidade de Lugo

Co material gravado ó longo do día, técnicos e bolseiros da TIC realizarán audiovisuais que se van difundir en varias canles de televisión, medios de comunicación dixital e nas redes sociaisA colaboración é froito dun convenio coa Asociación de Autónomas de Lugo, que está a dar resultados positivos para a promoción do comercio local e das posibilidades laborais dos titulados da Escola de Imaxe e Son

A Fundación TIC despregará este venres, 14 de marzo, un amplo equipo de profesionais e bolseiros polo centro histórico de Lugo para dar cobertura ó III Street Market. Así o adiantou este martes Regina Polín, Patroa da Fundación TIC e Deputada de Deseño e Artesanía, durante a presentación da terceira edición desta iniciativa, que contou coa participación da Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, a Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real, e o Presidente da Asociación de Comerciantes de Lugo, José María Seijas.

Mais de oitenta establecementos comerciais participarán no mercado na rúa que organizan ditos colectivos co apoio de Concello e Deputación de Lugo. Regina Polín subliñou que “a TIC contribúe por terceiro ano consecutivo á promoción desta iniciativa coa gravación da actividade nas tendas e nas rúas, e a realización de varios traballos audiovisuais que se van difundir en diversas canles de televisión, medios de comunicación dixital e nas redes sociais”.

O Street Market desenvolverase durante todo o día. O comercio lucense sairá ás rúas con auténticas gangas, que nalgúns casos superan o 80% de desconto. O abano de produtos que ofrecen vai desde roupa, complementos, calzado, lencería, xoias ou gafas.

A TIC, a voltas cos comerciantes

O labor que desenvolverá o equipo de técnicos e bolseiros da TIC, “é froito do convenio que a Fundación mantén coa Asociación de Autónomas de Lugo para difundir o seu labor a través de produtos audiovisuais”, explicou Polín. A Padroa da Fundación TIC lembrou que “a colaboración co sector do comercio esténdese a outras iniciativas, como a Feira Outlet, a Noite Aberta, a gala Lvcvs Moda e Artesanfroilán, que o colectivo está a desenvolver con éxito”. “O acordo -engadiu Polín- está a dar resultados moi positivos tanto na promoción do pequeno comercio como no incremento das posibilidades laborais dos alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son, que teñen a oportunidade de realizar prácticas en escenarios e acontecementos reais”.

A TIC colabora na actualidade con máis 120 asociacións sen ánimo de lucro para apoiar a actividade dos comerciantes, autónomos e colectivos sociais, culturais e deportivos na provincia de Lugo.