Deputación de Lugo

A Deputación mellorou a 180 veciños de Becerreá os accesos a núcleos rurais e parcelas agrogandeiras

- Manuel Martínez supervisou as obras, financiadas pola institución con 36.000 euros, que melloran a calidade de vida no rural e facilitan o traballo no campo - Chao do Monte, Herbón e Nantín, son as parroquias onde se arranxaron as vías públicas con aglomerado en quente e sinalización 

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, supervisou obras executadas en parroquias de Becerreá co financiamento do organismo provincial. Trátanse de melloras nos accesos públicos a núcleos rurais e parcelas agrogandeiras, nas que a institución investiu 36.000 euros, beneficiando ós 180 veciños da zona.

Os traballos foron os seguintes:

  • Chao do Monte. Trátase dun núcleo rural que conta con 20 habitantes, que se adican ó sector agrogandeiro. A Deputación arranxou con aglomerado en quente e sinalización as comunicacións públicas que fan de acceso ás explotacións e parcelas agrícolas da zona.  
  • Herbón. Parroquia cuns 90 veciños, onde se aglomerado en quente e sinalizou a principal vía pública que fai de acceso a este núcleo.
  • Nantín. A institución mellorou os camiños públicos que conectan ás vivendas das 70 persoas que residen nesta parroquia.

Asociacións veciñais destes núcleos solicitaron á Deputación estas actuacións a través do Plan de Comunidades Veciñais. Cada unha das obras conta cun orzamento de 12.000 euros da institución.

Estes traballos mellorar a calidade de vida da xente do rural e facilitan o traballo no campo. Son os propios veciños os encargados da contratación destas obras á empresas da zona, favorecendo o mantemento de postos de emprego.