Deputación de Lugo

Comezan as obras de mellora e acondicionamento da LUP-4104 ó seu paso por Pombeiro

- Miguel Sotuela supervisou esta mañá  o comezo das actuacións que se van a levar a cabo na estrada provincial que une Seguín e Os Peares por Pombeiro -As obras consistiron na mellora e ensanchamento de 2,200 metros da estrada provincial con aglomerado en quente entre os puntos quilométricos 9 e 11,200 - Esta actuación contou cunha achega da institución provincial de 60.000 euros e servirá para mellorar as comunicacións entre os Concellos da zona

O Deputado de Goberno interior, Miguel Sotuela, supervisou este xoves as actuacións de mellora que a Deputación de Lugo financiou con 60.000 euros na estrada LUP-4104. As obras consistiron no acondicionamento con aglomerado en quente de 2,200 metros da estrada de titularidade provincial LUP-4104, dende o punto quilométrico 9 ó 11,200. Esta estrada é un vial  fundamental para os veciños e veciñas da zona posto que comunica Seguín cos Peares ó seu paso por Pombeiro. Durante a visita, o Deputado salientou que “estas obras de acondicionamento mellorarán notablemente a seguridade deste vial, un dos mais utilizados do Concello”. Tamén salientou a Deputación continuará executando obras de mellora polos distintos Concellos da provincia para “dotar ós lucenses dunhas infraestruturas de calidade e que axuden fixar poboación”.

As obras, que se estenderán ata este venres, día 12 de setembro, consistirán en, por unha banda, na limpeza e adecentamento das cunetas deste treito entre os puntos quilométricos 9 e 11, 200, para o seu posterior ensanchamento. Logo desta limpeza, acondicionaranse os 2,200 metro de firme con aglomerado en quente, para mellorara a seguridade do vial e facelo máis accesibles. Estas obras enmárcanse dentro da liña de mellora do rural da Deputación, que busca dotar ós veciños dunhas infraestruturas de calidade que melloren e faciliten o día a día dos veciños e veciñas do Concello de Pantón.