Deputación de Lugo

O “coach” Felipe García revelará na Deputación as aptitudes necesarias para enfrontarse con éxito á busca de emprego

Imaxe deputación de lugo
- O recoñecido formador ofrecerá o mércores, de 10:00 a 13:00 horas, no Salón de Actos de San Marcos, a charla motivacional Véndete para emprender!
- A xornada, aberta ao público, gratuíta e cun aforo limitado de 165 prazas, está dirixida principalmente, a desempregados e emprendedores, e básase en analizar temas como a motivación, a xestión dos medos ou a creación dunha marca persoal

A Deputación de Lugo, coa colaboración do Grupo Consciente, organiza o vindeiro mércores, 19 de novembro, unha charla motivacional dirixida, principalmente, a desempregados e/ou emprendedores. Baixo o título Véndete para emprender!, o “coach” profesional, relator e formador, Felipe García Rey, revelará as aptitudes e as actitudes necesarias para enfrontarse con éxito á busca de emprego e chegar á entrevista de traballo con pleno coñecemento e seguridade nun mesmo. A charla básase en analizar temas como a motivación, a xestión dos medos ou a creación dunha marca persoal.

Durante a xornada, os asistentes poderán dar resposta a preguntas como Venderme? Como cambiou o mundo laboral?, Emprender? ou Que fago co meu medo?; ao tempo que García Rey lles amosará o valor das propias ideas, as caracterísiticas dos emprendores, a fórmula da valía persoal e como enfrontarse ao cara a cara.

A asistencia á conferencia, que se celebrará dende as 10:00 ás 13:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, é totalmente aberta ao público e gratuíta, unicamente limitada ao aforo do espazo, que é de 165 prazas.

Currículum do poñente
Felipe García Rey, é Socio-director do Grupo Acción Consciente, “coach” profesional, poñente motivacional, formador e un dos primeiros profesionais acreditados en España para o uso de técnicas de dinámicas de alto risco e firewalking. Na actualidade está completando o grado universitario en psicoloxía. Articulista habitual e membro do comité de redación do Observatorio Europeo de Coaching, formouse sobre habilidades directivas, desarrollo profesional e persoal, intelixencia emocional, liderazgo, negociación persuasiva ou xestión do tempo. Ademais é membro e colaborar de AECOP ( Asociación Española de Coaching y Consultoría de Procesos ), ASNIE ( Asociación Nacional de Inteligencia Emocional) e mentor da Fundación Barrié e Talentous.