Deputación de Lugo

Celebrada a primeira mesa técnica para a venda das 150.000 accións do CD Lugo

Imaxe deputación de lugo
- A única oferta presentada, do empresario Gerard López, cumpre con todos os requisitos establecidos nas bases, malia que será necesario aclarar determinados aspectos técnicos e xurídicos relativos á forma de pago
- A Comisión reunirase novamente o vindeiro día 12 de xaneiro, data na que previsiblemente quedará definitivamente resolto o procedemento de venda do paquete de 150.000 accións propiedade de Deputación e Concello

A Deputación de Lugo celebrou hoxe a primeira reunión da Comisión técnica encargada do proceso de adxudicación do paquete de 150.000 accións do CD Lugo propiedade de Deputación e Concello, que suporá a saída definitiva da institución provincial do clube lugués.

Esta mesa foi a encargada de abrir os sobres da única oferta presentada, realizada polo empresario Gerard López pola totalidade das accións á venda –90.000 da Deputación e 60.000 do Concello-. Unha vez estudada dita oferta, que cumpre con todos os requisitos establecidos nas bases, será necesario un último paso antes de resolver o procedemento.

Trátase de aclarar determinados aspectos técnicos e xurídicos imprescindibles, especialmente aqueles referidos á forma de pago. Unha vez aclarado este extremo, para o que o licitador ten un prazo de dez días; simultaneamente o Concello deberá informar se a oferta de pago proposta se axusta ao establecido na súa encomenda de xestión, e a Intervención provincial emita tamén o informe correspondente.

Está prevista unha nova reunión da mesa técnica o vindeiro día 12 de xaneiro, na que, previsiblemente, quedará definitivamente resolto o procedemento de venda do paquete de accións do CD Lugo.