Deputación de Lugo

Maiores de 55 anos participan hoxe en Monforte de Lemos no Engurras Tic

- Miguel Ángel Sotuela manterá esta tarde, ás 18:00 horas na Fundación, un encontro cos participantes no programa gratuíto que fomenta o envellecemento activo a través do uso das novas tecnoloxías - Os alumnos farán fotografías, editaranas e compartiranas en redes sociais como Instagram. As imaxes exporanse no local do obradoiro. As mellores formarán parte dun concurso, que se resolverá o 27 de febreiro - Engurras TIC chega a Monforte logo de estar na Ribeira de Piquín e en Burela. O mércores, serán os maiores de Guitiriz os que terán a oportunidade de participar. Inscricións en http://engurrastic.fundaciontic.org.

O Deputado do Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, manterá este luns en Monforte de Lemos, concretamente, ás 18:00 horas na Fundación, un encontro cos participantes en Engurras Tic. Trátase dun dos programas gratuítos que a Deputación ofrece a maiores de 55 anos de toda a provincia co obxectivo de fomentar o envellecemento activo a través do emprego das novas tecnoloxías.

Farán fotografías con dispositivos tecnolóxicos como smartphones, tablets e ordenadores portátiles. Tamén as editarán e as compartirán en redes sociais como Instagram. As imaxes resultantes exporanse no local onde se imparte o obradoiro e as mellores formarán parte dun concurso, que se resolverá o 27 de febreiro. 

Engurras Tic chega esta tarde a Monforte de Lemos logo de estar na Ribeira de Piquín e Burela. O mércores serán os maiores de Guitiriz os que terán a oportunidade de participar. Os interesados poden inscribirse a través da páxina http://engurrastic.fundaciontic.org.

Esta programación enmárcanse no conxunto de actividades do Centro de Innovación Social Inlugo en impulso do benestar social, financiadas nun 80% con fondos da Unión Europea do proxecto tecnolóxico da Deputación InnovaTE