Deputación de Lugo

80 operarios e 54 máquinas despexan de neve a rede viaria provincial

Imaxe deputación de lugo

A Deputación intensificou o operativo de inverno con motivo do temporal. 80 operarios e 54 máquinas despexan a rede viaria provincial. Están a actuar en estradas de 12 Concellos da Montaña e do Sur lugués, con xeo e acumulacións de neve ata os 20 centímetros.

Trátanse dos municipios de Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

O dispositivo da Deputación continuará a traballar durante toda a xornada para garantir a circulación polas estradas provinciais.