Deputación de Lugo

A actriz Mariana Expósito, presentadora da Gala Lvcvs Moda 2015

- A intérprete de renome no mundo da televisión, cine e teatro será a encargada de presentar o evento benéfico que terá lugar o 16 de abril ás 21:00 horas no Círculo das Artes - O evento tamén contará co espectáculo de danza Le Fleur, presentado por Yolanda Paz - Con preto do 80% das entradas vendidas, os interesados en asistir aínda poden adquirilas nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes no evento

A recoñecida actriz galega Mariana Expósito será a presentadora da Gala Lvcvs Moda 2015, que se celebrará o vindeiro 16 de abril ás 21:00 horas no Círculo das Artes de Lugo.

A intérprete lucense conta, malia a súa xuventude, cunha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro. Filmes coma El Concursante, Reliquias, ou Vacas, porcos e zapatos de tacón; tense convertido nun rostro coñecido da pequena pantalla grazas ás súas aparicións en populares series coma Serramoura, El faro, Matalobos, Libro de familia, Padre Casares ou a máis recente delas, Hotel Almirante.

En canto ao teatro, o bo traballo de Mariana Expósito fíxoa merecedora do Premio Especial do Xurado no X Festival de Teatro de Rivas Vaciamadrid. Aínda que ten dedicado a meirande parte da súa vida profesional á interpretación, tamén coma monologuista ou contacontos, Expósito tamén ten traballado noutros ámbitos como o da comunicación, exercendo o labor de presentadora.

Así, o xoves 16 de abril, Mariana Expósito será a madriña de cerimoninas da sexta edición do evento que reúne o mellor da moda, o deseño e a artesanía da provincia, e que este no ofrecerá aos asistentes o singular espectáculo de danza Le Fleur.

Será parte, pois, das ducias de profesionais que farán posible a Gala da Moda 2015: os deseñadores Luis Areñas; Manuel Bolaño; María Tacón; Montse Arias, Tina Cortón e Chicadecanela; as firmas de artesanía Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cestería Viva; Corazóns Artesáns; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro en Lá; Yan Llan, Paula Dimé; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla, Amalgama e Traxandaina; as peluquerías Eduardo Souto Peluqueros; Miriam Souto Peluqueros; Mohama Peluqueros; Avalon Peluqueros; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva Peluqueros; Vanessa Martínez Estilistas e Blanco y Negro Peluqueros. O evento tamén conta coa colaboración de Dick&Paul; Cuplé; IES Muralla Romana; Janeiro Floristería; Lolita Blu; Ramón Rebolo; Lucus Piel Peletería; Marcos Peón, M&N Joyas; Messalina e Modesto Santa Eularia.
Vendidas preto do 80% das entradas
Coma en anteriores ocasións, a venda de entradas avanza a ritmo espectacular, co 80% das mesmas adquiridas polos lucenses que, deste xeito, colaboran ademais co Fogar do Transeúnte, posto que a esta iniciativa solidaria irá destinada novamente a recadación íntegra do evento.

As entradas que aínda quedan por vender, poden adquirise nos establecementos de deseñadores e peluquerías que participan na Gala e que a continuación se detallan:

PUNTOS DE VENDA DE ENTRADAS:
Veritas Veritatis (Luis Areñas)
R/ Armanyá, 5. Lugo
982 225 979
María Tacón
R/ Castelao, 59-entrechán 2. Lugo
982 231 893
Montse Arias
R/ San Froilán, 44. Lugo
982 241 820
Tina Cortón
Praza de Santo Domingo, 3. Lugo
982 251 986/653 969 617
ChicadeCanela
Avda. da Coruña, 265-267. Lugo
649 950 980
Blanco y Negro Peluqueros
R/Músico Crisanto, 16. Rábade
982 391 221
Meyva Peluqueros
R/Galicia, 51. Lugo
982 252 607
Avalon Peluqueros
R/ Santo Grial, 11. Lugo
982 203 634
Eduardo Souto
R/Galicia, 37 . Lugo
982 803 029
Meyva
R/ Galicia, 51. Lugo
982 252 607
Miriam Souto
R/ Camiño Real, 148. Lugo
982 200 345
Mohama
Praza Maior, 11. Lugo
982 223 321
O Baúl da Beleza
Avda. de Vilalba, 2. Rábade
982 391 093
Vanessa Martínez Estilistas
R/ Portugal, 61-entrechán. Lugo
982 201 753

Máis información, na web www.deputacionlugo.gal