Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO CELEBRA A DECISIÓN DA RAG DE HOMENAXEAR A MANUEL MARÍA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN 2016

Imaxe deputación de lugo
• A presidenta do Organismo Provincial pon en valor o traballo do poeta de Outeiro de Rei a prol da lingua e da cultura galega

Lugo, 4 de xullo de 2015.- A Deputación de Lugo festexa que a Real Academia Galega aprobase esta mañá dedicar o Día das Letras Galegas en 2016 a Manuel María e prepara a homenaxe que o Entre Provincial lle renderá ao poeta o vindeiro ano.

A presidenta salienta o labor do poeta de Outeiro de Rei a prol da nosa lingua e cultura propias dentro do mundo editorial, concretamente a través da colección Xistral.

Elena Candia pon en valor a súa obra poética e destaca a súa creación a outros xéneros como a narrativa, o teatro e mais o ensaio. “A súa será sempre unha creación literaria fortemente vinculada ás conviccións políticas que defendeu”.- concluíu.