Deputación de Lugo

CANDIA MANTÉN O COMPROMISO COA RESIDENCIA DE RIBADEO E SUPERVISA A EXECUCIÓN DAS OBRAS

A presidenta da Deputación explica que o goberno provincial será dilixente
no desenvolvemento dos servizos que constitúan un interese para a provinciaA administración provincial continúa co pago
das anualidades e lembra que se consignaron 600.000 euros para financiar
gastos do centro de atención a persoas maiores durante este ano e outros
200.000 para 2016As decisións do actual Goberno céntranse, en
gran medida, na implicación coa posta en marcha ou coa continuidade de
iniciativas dirixidas a atender ás persoas que máis o necesitan

Lugo, 03 de setembro de 2015.- A presidentada Deputación de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe as obras de construción docentro de atención a persoas maiores de Ribadeo, financiadas en gran medidapola administración provincial, onde deixou de manifesto que o novo Gobernomantén un claro compromiso con esta residencia.

Candia garantiu que o executivoserá dilixente no desenvolvemento daqueles servizos que constitúen unimportante interese para a provincia e engadiu que o cambio de Goberno “nunhaimplicará a rotura con actuacións que repercuten no benestar das persoas quemáis o necesitan”.

A presidenta da instituciónexplicou que a visita ás obras motívase en coñecer de primeira man o estado noque se atopan as actuacións e comprobar que os acometidos se están adesenvolver dun xeito áxil e respondendo ao programado. “Dende a Deputaciónestamos a realizar os trámites administrativos oportunos para continuar co pagodas anualidades tal e como estaba previsto e ante isto consideraba de interesever a actuación e o destino dos fondos públicos”, matizou.

A Deputación de Lugo concedeuunha subvención excepcional plurianual ao Concello de Ribadeo para colaborar nofinanciamento dos gastos derivados do programa denominado ‘Centro de Atención aPersoas Maiores’. Para esta anualidade a achega é de 600.000 euros, mentres quepara 2015 será de 200.000 euros.

A presidenta asegurou que apolítica do consenso, do diálogo e do traballo conxunto entre administraciónsconstitúe a fórmula que ofrece un maior resultado para os cidadáns e esta é aliña de traballo que está a seguir o Goberno provincial, implicado tamén en procurarlleunha solución aos problemas que recibimos.

Por último, Candia resaltou aimplicación do goberno da Deputación coas persoas que máis o necesitan.“Estamos a desenvolver unha xestión centrada, de xeito prioritario, no benestar,o que se puxo xa de manifesto coa toma de decisións como a do incremento dosfondos destinados á axuda no fogar ou ao pago íntegro do servizo de teleasistencia domiciliaria”, lembrou.