Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN CONTRIBÚE A POTENCIAR A OFERTA CULTURAL E SOCIAL DE NEGUEIRA DE MUÑIZ

Candia fixo fincapé no compromiso da institución lucense de cooperar cos concellos da provincia• A presidenta asinou un convenio de colaboración co Concello para subvencionar gastos derivados da organización da Romaría Virxe da Veiga

A Deputación de Lugo involúcrase na potenciación da oferta cultural e social de Negueira de Muñiz e atende á petición do Concello sobre a colaboración da administración provincial coa Romaría Virxe da Veiga.
A presidenta, Elena Candia, firmou un convenio de colaboración co alcalde da localidade, José Manuel Braña, regulador da subvención nominativa outorgada á administración local para contribuír con 3.000 euros nos gastos que supuxeron a organización da Romaría Virxe da Veiga.
Candia defendeu a importancia de colaborar con este tipo de eventos que contribúen á dinamización dos concellos e que permiten atraer visitantes ao municipio e, polo tanto, de xeito indirecto teñen un efecto positivo tanto na mellora da oferta turística como na economía local.
Por último, a presidenta da institución incidiu no compromiso da Deputación de Lugo de cooperar cos concellos da provincia e de atender as súas necesidades en igualdade de condicións e con independencia da cor política do Goberno de cada unha das administración locais.