Deputación de Lugo

Darío Campos Conde: “A normalidade volta á Deputación de Lugo”

- O Presidente
visitou esta mañá aos traballadores da institución e mantivo un encontro co
persoal que dirixe cada un dos departamentos provinciais- O
martes reunirase cos representantes sindiciais e visitará máis áreas da
Deputación “pois quero trasladar a todos unha mensaxe de tranquilidade”-
Minutos despois da súa toma de posesión, tivo reunións de traballo e un
encontro, xunto con Lara Méndez, cos Presidentes dos Tribunais Superiores de
Xustiza de Galicia e Asturias, e co Presidente da Audiencia Provincial

Darío Campos Conde informou sobre a súa actividade nasque foron as súas primeiras horas como Presidente da Deputacion de Lugo.

Campos Conde asegurou que iniciou “este novo reto conmoita intensidade”. Minutos despois da súa toma de posesión, o Presidente tivo asprimeiras reunións de traballo e un encontro, na compaña da Alcaldesa de Lugo,Lara Méndez López, cos Presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza deGalicia e Asturias, e co Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, que seatopaban no Pazo de San Marcos con motivo da celebración do Encontro Galaico-Astur: medios decomunicación e lenguaxe xurídico.

Ao longo desta mañá, o titular provincial, xunto aoutros compañeiros do seu equipo de Goberno, visitou aos traballadores daDeputación e mantivo unha reunión co persoal que dirixe cada un dosdepartamentos provincias.

Campos Conde adiantou que o martes visitará asrestantes áreas provinciais e reunirase cos representantes sindicais doorganismo provincial, pois “quero coñecer aos profesionais da institución etransmitirlles unha mensaxe de tranquilidade. A normalidade volta á Deputaciónde Lugo”.