Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN CEDE Á PROTECTORA DE ANIMAIS E PLANTAS DE LUGO OS TERREOS NECESARIOS PARA A AMPLIACIÓN DAS SÚAS INSTALACIÓNS

Elena Candia e Javier García Calleja asinaron
hoxe o convenio en virtude do cal a institución provincial cede
gratuitamente unha parcela de 40.200 metros cadrados da súa propiedade
situada en Santa María de Muxa

Lugo, 7 de outubro de 2015.- A titular da Deputación de Lugo, ElenaCandia, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Asociación Protectora dePlantas e Animais de Lugo, representada polo seu presidente, Javier GarcíaCalleja. Con este convenio, a institución provincial cede unha parcela da súapropiedade, totalmente de balde, para que a sociedade poida ampliar as súasinstalacións de acollida de animais abandonados.

A parcela, denominada Codesido ouCodeside, ten unha superficie de 40.200 me está situada no lugar de Piñeiro, pertencente á parroquialucense de San María de Muxa permitirá a esta Sociedade reforzar a prestacióndos seus servizos de recollida de animais abandonados e de protección deanimais domésticos e salvaxes en cautividade aos concellos.

Candia resaltou o compromiso dainstitución que ela preside coa Sociedade Protectora. De feito, unha dasprimeiras visitas que realizou ao chegar ao Goberno provincial foi precisamentea estas instalacións, durante a que deu a noraboa ao equipo humano que prestaservizos nelas.