Deputación de Lugo

O GOBERNO PROVINCIAL PROPORÁ PRESTAR SERVIZOS DE RECADACIÓN AOS CONCELLOS DE XEITO TOTALMENTE GRATUÍTO

Imaxe deputación de lugo
A presidenta da Deputación explica que esta iniciativa reponde a que o“Goberno ten como unha das súas máximas a cooperación cos concellos daprovincia”Esta proposta que se levará a pleno tamén inclúe unha maior liberdade aos concellos para delegar aqueles tributos e demais ingresos de carácter público, sen verse condicionados por uns contidos mínimos de delegaciónO Goberno provincial tamén levará á sesión plenaria a constitución do Consello Provincial de Xestión Tributaria e Recadatoria e a aprobación inicial do seu regulamento o que “favorecerá a relación entre concellos e Deputación”

Lugo, 25 de setembro de 2015.- Atitular da Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou na Xunta de Gobernocelebrada hoxe que o equipo de goberno que ela dirixe levará ao Pleno dovindeiro martes para a súa aprobación unha proposta que recolle a prestación deservizos de recadación aos concellos de xeito totalmente gratuíto, isto é, senque estes teñen que ofrecer compensación económica algunha á entidadeprovincial.

Do mesmo xeito, esta proposta,coa que se pretende a modificación das bases que rexen a aceptación dadelegación expresa de competencias en xestión tributaria por parte dosConcellos á Deputación, ofrece unha maior liberdade aos concellos para delegaraqueles tributos e demais ingresos de carácter público sen verse condicionadospor uns contidos mínimos de delegación.

A propia Elena Candia explicouque a lei establece que son competencias propias da Deputación a asistencia eprestación de servizos de xestión de recadación tributaria aos concellos conmenos de 20.000 habitantes, mediante convenios ou outras fórmulas decolaboración cos mesmos. De calquera xeito, a lexislación establece un contidomínimo de delegación referido ao Imposto de Bens Inmobles, Imposto sobreActividades Económicas e sobre Vehículos de Tracción Mecánica que, no caso deque os concellos non desexen delegar, déixaos á marxe da xestión do servizo. Conesta proposta propónselle maior liberdade aos concellos para delegar aquelestributos e demais ingresos de carácter público que estimen pertinentes.

En canto á compensación económicapola xestión dos servizos de recadación, Candia dixo que polo exercicio destasfuncións a Deputación obtén o 3% dos xuros recadados en período voluntario e o75% da recarga en período executivo precendente. A proposta de Goberno propón agratuidade deste servizo.

Esta non é a única propostarelativa ao Servizo de Recadación que os populares presentarán no Pleno do día29 de setembro. Outra delas será na que plantea a constitución do ConselloProvincial de Xestión Tributaria e Recadatoria e a aprobación inicial  do seu regulamento. Candia explicou que este consello ten unhafunción de participación, información e asesoramento referido ao ámbito deactuación da Deputación, en relación ás competencias de xestión e tributación erecadación. Polo tanto, “permitirá efectuar propostas, estudos, informes efavorecer a relación entre concellos e Deputación”.

Estas iniciativas responden, tale como explicou a presidenta da Deputación, Elena Candia, a que “o gobernoprovincial ten como unha das súas máximas a cooperación cos concellos daprovincia”.

Outros asuntos

Na Xunta de goberno de hoxe taménse aprobaron plans de seguridade no traballo de varias obras en estradas deBarreiros e Foz; así coma o convenio de colaboración entre a Cruz Vermella e aDeputación para a realización de prácticas dirixidas prioritariamente áspersoas traballadoras desempregadas. Do mesmo xeito, aprobouse a resolución devarios procedementos selectivos correspondentes á oferta de Emprego dos anos2008 e 2015. Nomeáronse un técnico deadministración xeral, un técnico superior en Ciencias Económicas e Empresariais,un enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, un técnico superior en Administraciónde Sistemas Informáticos na Rede e un arquitecto.