Deputación de Lugo

A Deputación colabora co primeiro Mercado Violeta

A Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, María Loureiro García; a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especiais de Contas, Pilar García Porto; ​a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, e a Presidenta da Asociación Vela-luz, Gloria Vázquez, inauguraron este venres a primeira Feira Violeta, que organiza VE-LA-LUZ​.​ Esta iniciativa, que se celebra por vez primeira na cidade de Lugo e que se estenderá toda a fin de semana, está encamiñada a facilitar unha saída en condicións, ás vítimas da violencia de xénero, utilizando a artesanía como medio de traballo así como unha fonte de expresión.

Maria Loureiro destacou que “apoiamos este tipo de iniciativas pois, con elas, o que se busca é devolverlle as vítimas de maltrato, as oportunidades que, de xeito cruel e indigno, lles foron arrebatadas; asi como paliar o sufrimento vencellado ao desamparo social, que sempre acompaña a todas as situacións de violencia”.

​ ​A Deputada valorou tamén a necesidade de que “as institucións públicas ​t​omemos mediadas nun campo que, en moitas ocasións, non se ten o suficientemente en conta: a reintegración laboral de todas estas persoas que foron vítimas de violencia de xénero.”