Deputación de Lugo

A Deputación entrega os premios da III edición do Concurso Fotográfico da Reserva da Biosfera

-As gañadoras desta edición son María Josefa Otero Vidal que acadou o 1º premio, a segunda premiada foi Patricia Yañez Modia e a teceira  Vanessa Vilanova - Nesta nova convocatoria presentáronse 58 obras e repartíronse un total de 1.600 euros en premios, e tivo como lema principal a auga nas reservas - A Deputada Sonsoles López remarcou que este concurso serve para promocionar e poñer en valor a riqueza medioambiental e paisaxística da provincia

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, entregou este xoves, no Centro de Interpretación Terras do Miño, os premios do III Concurso Fotográfico da Rerserva das Biosfera, que tivo como lema central a auga nas reservas, ríos, regatos e seimeiras. Nesta nova edición presentáronse 58 obras, e repartironse un total de 1.600 euros en premios.

As premiadas desta III edición son María Josefa Otero Vidal que acadou o 1º premio que conta con 800 euros. A segunda premiada foi Patricia Yañez Modia que obtivo 500 euros, e o terceiro lugar acadouno Vanessa Vilanova Campo con 300 euros.

Sonsoles López remarcou que este concurso serve para promocionar e poñer en valor a riqueza medioambiental e paisaxística da provincia.