Deputación de Lugo

A Deputación leva a Triacastela 250.000 euros para infraestruturas, dotacións públicas, emprego e servizos sociais

- O
Presidente presentou este investimento nunha visita oficial que arrancou no
Consistorio e rematou nas Covas de Eirós, onde a Deputación participa no
financiamento das escavacións arqueolóxicas que se están a realizar- Infraestruturas
e dotacións públicas: 142.500 euros para o arranxo das vías a 7 núcleos e a
Láncara, Becerreá e As Nogais; 35.200 euros para a mellora de estradas en San
Breixo e Santalla, e do abastecemento de auga en Tras do Castro; 15.000 euros
para medidas e aforro enerxético e 3.000 para Tics- Emprego
e Servizos Sociais: 30.000 euros para a creación de novos postos de
traballo co DEPUEMPREGO;
e 20.000 euros para o Servizo a Domicilio

O Presidente da Deputación,Darío Campos Conde, presentou este venres en Triacastela o 1º investimento doOrzamento de 2016 para este municipio, dotado de 250.000 euros. Fíxoo nunhavisita institucional, que arrancou cunha recepción por parte do Alcaldesa, OlgaIglesias Fontal, e outros membros da Corporación Municipal, e na que oPresidente asinou no Libro de Ouro do Concello. A visita rematou nas Covas deEirós, onde o organismo provincial participa no financiamento das escavaciónsarqueolóxicas que se están a realizar.  

Campos Conde destacou que “esteimportante investimento que presento hoxe en Triacastela é para o arranxo deinfraestruturas e dotacións públicas, xerar emprego e potenciar os servizossociais. Con el buscamos mellorar a calidade de vida dos 700 veciños destepequeno Concello; tentamos garantir que teñan as mesmas prestacións públicas eoportunidades que os cidadáns que residen en municipios de maior tamaño. É unhaclara aposta pola vida no rural”.

Os 250.000 euros que aDeputación leva a Triacastela son para:

- 142.500 euros para estradas municipais.Con este investimento, mellorarase con aglomerado enquente as vías de Santalla ao Furco e de Santalla a Folgueiras. Son as estradasque dan acceso a 7 núcleos rurais (Santalla, Arxileiro, Furco, Fompernal,Trasdocastro, Cancelo Eilibe e Folgueiras) e unen este Concello co de Láncara,Becerreá ou As Nogais.

- 35.216 euros a través doPOS. É o orzamento para mellorar as comunicación en San Breixo e Santalla;así como o abastecemento de auga no núcleo de Tras do Castro.

- 14.738 euros para aforroenerxético. Con este investimento, a Deputación financia melloras na redede alumeado público, instalacións de caldeiras ou estufas de biomasa, así comonovas redes de calor e illamentos térmicos.

- 2.947 euros para Tics.É o orzamento do Plan de Mellora de Tics da Deputación para realizar ostraballos que esixe a Lei do Procedemento Administrativo Común dasAdministracións Públicas, que entra en vigor en outubro.

- 29.812 euros do DEPUEMPREGO. É o Plan de Emprego daDeputación nos Concellos. Esta programación é unha aposta persoal do Presidentepola xeración de traballo e a máxima cooperación cos Concellos, pois osmunicipios poderán contratar novo persoal para reforzar as prestacións públicasaos veciños.

- 19.655 euros para o Servizo a Domicilio. Porprimeira vez, esta prestación supón custo cero para os Concellos, xa que oGoberno da Deputación decidiu asumir todos os custos. Tamén de xeito pioneiro,o organismo provincial ofrece un adianto do 90% e a posibilidade de poderfinanciar, ademais dos gastos de persoal, os gastos de funcionamento,axustándose ás necesidades dos usuarios de cada Concello co obxectivo demellorar a calidade deste servizo público.