Deputación de Lugo

A Deputación inicia o proceso para integrar a Fundación TIC no organismo provincial

Imaxe deputación de lugo
-O Vicepresidente e o Deputado de Goberno Interior
mantiveron un encontro cos traballadores da entidade no que anunciaron que se
solicitarán os pertinentes informes xurídicos e laborais-Álvaro Santos afirmou que “esta decisión é froito da
política de transparencia iniciada pola Deputación coa disolución do Inludes e
da Fundación Tor”-Segundo
Miguel Ángel Sotuela, eliminaranse duplicidades administrativas, optimizaranse
recursos e aforrarase en gasto corrente mantendo a promoción do uso das novas
tecnoloxías na provincia”

OVicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e o Deputado de Goberno Interior,Miguel Ángel Sotuela, patróns da TIC, avanzaron este mércores que o organismoprovincial iniciará o proceso para integrar a Fundación TIC na Deputación. Osdous responsables provinciais fixeron este anuncio durante unha reunión quemantiveron cos traballadores da entidade para informarlles da posta en marchado proceso.

ÁlvaroSantos afirmou que “esta decisión do equipo de Goberno é froito da política detransparencia iniciada pola Deputación coa disolución do Inludes e da FundaciónTor”. O Vicepresidente asegurou que “nós apostamos por uns servizos públicosxestionados directamente pola administración, e a integración da TICincardínase perfectamente neste obxectivo”.

SegundoSantos, “trala decisión política, agora é o momento de solicitar os pertinentesinformes xurídicos e laborais para establecer os pasos que se debemos seguirpara integrar a TIC, unha entidade sen ánimo de lucro que está financiada nasúa totalidade con fondos provinciais”.

Menos gasto corrente e senduplicidades

Pola súa banda, Miguel Ángel Sotuela dixo que “coaintegración da TIC na Deputación eliminaranse duplicidades administrativas,optimizaranse recursos e reducirase o gasto corrente”. Ademais, o responsablede Goberno Interior avanzou que “se manterá a finalidade da entidade, coapromoción do uso das novas tecnoloxías na nosa provincia, a cooperación cosConcellos e o apoio ao tecido asociativo”.