Deputación de Lugo

44 operarios e 21 máquinas acondicionan vías en 11 Concellos por acumulacións de neve

O Goberno da Deputación mantén activado o dispositivo de Inverno para facer fronte ás acumulacións de xeo e neve na rede viaria provincial, producidas durante esta madrugada. Un total de 44 operarios e 21 máquinas están a acondicionar as estradas provinciais e municipais máis afectadas.

Os operarios do dispositivo invernal da Deputación están a limpar, arestora, estradas nos seguintes Concellos:

  • Folgoso do Courel: LU-P- 1301 “De Seoane do Courel a Pedrafita”; LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-1304 “De Mostad por Romeor a Casares”; LU-P-1305 “De Campa por Vilar a Alto do Boi”; LU-P-1306 “Da LU-651, en Megoxe a Ferrería do Incio”; LU-P-4501 “Do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Caurel e acceso a Meiraos”; LU-P_4701 “De Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a LU-P-4505”; “Do Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”, LU-P-5601 “De Samos ao Courel e Rampa a Santa Mariña”.
  • Cervantes: LU-P-1401 “De LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “De San Román a Quindós”; LU-P-1405 “De Campa da Braña a tres bispos”; LU-P-1411 “De Vilanova ao Portelo”; LU-P-1412 “De Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”.
  • A Fonsagrada. LU-P-1906 “De Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos”; LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”.
  • Navia de Suarna: LU-P-3501 “De Paradela ao Alto do Restelo”; LU-P-3502 “De Muñis a Rao”; LU-P-3508 “De Rao por Murias a Balouta”, LU-P-3505 “De Navia por Silvouta”; LU-P-3509 “De Navia al alto de Labiadas”.
  • Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “Do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.
  • Pedrafita: LU-P-4504 “De Pedrafita al Portelo”; LU-P-4503 “De San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “De Louzarela por Queixadoiro a Filloval”.
  • Quiroga: LU-P-5001 “De Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial”.
  • Ribas de Sil: “De San Clodio ao alto da Cruz da Moa”.
  • Ribeira de Piquín: LU-P-1906 “ De Pedrafitelas, por Vilares a Os Cangos”; LU-P- 4606 “De Rioxuan, por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido a Asturias”.
  • Samos: LU-P-5603 “De Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “De Samos a Caurel e Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306 “De Megoxe a Ferrería do Incio”; LU-P-5605 “De Parada, por Santalla a Ponte Louzara”.
  • Triacastela: LU-P-3702 “De As Nogais, por Nullán a Lamas”; LU-P-6201 “De Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei”.

Para o acondicionamento destas vías, utilizáronse aproximadamente 30 toneladas de fundente, menos agresivo tanto para os asfaltos como para o propio medio ambiente. Dende as 13:00 horas practicamente a totalidade das estradas da rede viaria atópanse listas para o tráfico rodado. O dispositivo de Inverno da Deputación continuará traballando na rede viaria provincial, a máis extensa do estado, co fin de garantir a seguridade das principais vías de comunicación de Lugo.