Deputación de Lugo

Máis de 40 nenos poderán participar nas actividades gratuítas que organiza a Deputación para o Samaín

Imaxe deputación de lugo

A Deputación organiza para o vindeiro 31 de outubro, con motivo do Samaín, actividades totalmente gratuítas dirixas a máis de 40 nenos de todas as idades, que se celebrarán na Capela de Santa María.

Os participantes, acompañados de profesionais do Centro de Artesanía e Deseño, realizarán un Obradoiro de caretas e xogarán coas luces e as formas no Teatro de Sombras.

O horario das actividades é de 17:00 a 19:30 horas.

A inscrición está aberta no 982210066.