Deputación de Lugo

Últimas prazas para participar nas actividades gratuítas do Centro de Interpretación Terras do Miño

Imaxe deputación de lugo
- O éxito de convocatoria foi tal que, en menos de 24 horas, xa están cubertas ao redor de preto de 300, ou o que é o mesmo, o 70% do total ofertado
 - Entre as actividades destacan: Cultivando na casa; Viaxando ao interior do solo ou O tesouro do Rato ou Obradoiros de alimentación e consumo  ou de cosmética natural
- No 2015, preto de 1.300 lucenses de todas as idades participaron  nas actividades lúdico-medioambientais gratuítias que ofrece a Deputación

Balance 2015
Neste último ano, 1.309 persoas de todas as idades participaron de xeito gratuíto nas 51 actividades lúdicas e medioambientais que ofreceu a Deputación de Lugo a través do Centro de Interpretación Terras do Miño. Con este completo programa lúdico-científico de actividades formativas, a Deputación busca fomentar a participación social dos cidadáns como protagonistas na xestión ambiental sostible dos espazos naturais.  Os obradoiros máis demandados polos veciños e veciños, foron O coidado do horto: pragas, enfermidades e preparación de tratamentos fitosanitarios ecolóxicos, onde se trataron temas como  a identificación de pragas e enfermidades nas plantas cultivadas así como as distintas formas de loitar contra elas de xeito artesanal empregando plantas.