Deputación de Lugo

O CB Breogán realiza un adestramento na Pobra de San Xiao, a iniciativa da Deputación

O CB Breogán levou a cabo o seu adestramento deste luns no Polideportivo da Pobra de San Xiao, a iniciativa da Deputación. Trátase dunha nova acción enmarcada dentro do contrato de patrocinio que o organismo provincial asinou co club celeste para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto. Tras o adestramento, os rapaces da localidade lucense tiveron a oportunidade de fotografarse cos xogadores e estes agradeceron a acollida recibida entregándolles entradas dobres para o partido que enfrontará ao CB Breogán co CB Prat o próximo sábado 25.