Deputación de Lugo

XVIII Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX)

A SGXX presenta o congreso das “áreas máis envellecidas do mundo”
A entidade conta con reunir a máis de 300 profesionais do ámbito internacional da xerontoloxía e a xeriatría nunha Comunidade, a galega, con algunhas das áreas xeográficas máis envellecidas do mundo

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) presentou esta mañá na Deputación de Lugo o seu XVIII Congreso que se vai celebrar na devandito Palacio Rexional os vindeiros 22 e 23 de abril. Un foro que por primeria vez na súa historia vai ter carácter internacional reunindo a máis de 300 profesionais de enorme prestixio de Galicia, España, Portugal, Paraguai ou Chile.

Todos eles van debatir e expoñer os últimos retos, novidades e avances “non so no sector científico e médico, é dicir, xeriátrico” explicou o presidente da SGXX, Miguel Ángel Vázquez, senon tamén, matizou “no ámbito sociolóxico, social, persoal como é a xerontoloxía”. Un evento que, “por primeira vez é de carácter internacional” salientou, “para darlle pulo aos avances, experiencias, contidos e novidades máis relevantes que se producen en Galicia no labor das persoas maiores, rento en conta que falamos dunha das comunidades máis envellecidas do mundo, con áreas xeográficas de Lugo e Ourense con índices de envellecemento, do 24 ao 32 por cento, por enriba de Xapón, o país maís envellecido do mundo”

De feito, engadiu o presidente da SGXX, “un dos obxectivos deste congreso é aproveitar a oportunidade científica, médica e social que representa para profesionais e as propias persoas maiores as que invitan a acudir e presentar as súas inquedanzas e, sobre todo, para traballar na procura dunha maior calidad de vida deste colectivo”.

Nese sentido Vázquez pediu “máis esforzo a os políticos e as entidades locais, autonómicas e estatais para que se entendan entre elas e fagan maís pola calidade de vida das persoas maiores” que, en Galicia, rematou, “son xa o 24 por cento da poboación”.

O presidente do Comité Organizador, Carlos Dosil, salientou que iste é “un dos congresos máis importantes do seu ámbito que se vai celebrar en Galicia” no que esperan a presencia de máis de 300 profesionais do sector e que conta con máis de trinta ponentes de recoñecido prestixio internacional.

Todos eles presentarán en mesas e talleres científicos, médicos e sociais, os principais avances e novidades da xeriatría e a xerontoloxía que se está a desenvolver en Galicia, España e resto do mundo.

O Presidente da Deputación, Darío Campos felicitou á Sociedade Galega de Xerontoloxía pola organización dunha nova edición deste congreso, e agradeceulle, especialmente, o feito de que un ano máis elixise Lugo para a súa celebración. “Isto suporá que a nosa provincia reúna a máis de 300 persoas para participar nas ponencias de destacados profesionais do sector a nivel internacional, pois proceden de toda España, doutros países europeos como por exemplo Francia, e ata de Chile ou Paraguay”, salientou.

Darío Campos subliñou que “aposto pola cooperación entre administracións e colectivos de profesionais para, conxuntamente, ofrecer respostas ás necesidades dos veciños. Nunha provincia como a de Lugo, que é unha das rexións máis envellecidas xa non só de España, senón tamén de Europa, esta cooperación pasa polo impulso do benestar. Baixo esta premisa, na Deputación de Lugo estamos a crear unha rede pública de residencias e centros de día en Concellos lucenses, na que levamos investido en solitario máis de 12 millóns de euros de fondos provinciais”.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, felicitou á Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeratría pola organización de novo na cidade lucense deste congreso de ámbito internacional. Méndez subliñou a importancia de que un evento deste tipo se celebre en Lugo, dada a realidade social da cidade, na que o 20% da poboación é maior de 65 anos, mentres que os menores de 16 representan o 14%. Así mesmo, na actualidade o 7,3% das persoas maiores supera os 80 anos, o dobre que hai só dúas década e, por cada 100 persoas que entran en idade potencialmente activa, saen dela 200.

A tendencia ao envellecemento, destacou a rexedora, “supón, máis que un problema, un reto que temos que afrontar como sociedade, implantando medidas sociais e legais para aumentar a natalidade, manter o Estado do Benestar e situar ao colectivo da terceira idade como oportunidade e como un activo, non soamente como un demandante de recurso, aproveitando as súas habilidades e experiencias”. Lara Méndez avogou, como a OMS, polo “envellecemento activo” e por poñer a disposición dos maiores “os mellores servizos”.

Neste senso, a Alcaldesa garantiu que o Concello de Lugo “seguirá reivindicando a creación de novas prazas públicas de residencia na cidade, onde non se crea ningunha dende os anos 70, a pesar de que as cifras falan por si soas e a demanda é tremenda”. “Esixiremos que a Xunta cumpra tamén nisto coa cidade de Lugo, e non a discrimine unha vez máis, como estamos acostumados ultimamente”, asegurou.