Deputación de Lugo

A Deputación presentará mañá o libro-CD sobre Antón Corral, coa participación do artista Carlos Núñez

Imaxe deputación de lugo
- Farao ás 19:00 horas na Capela de Santa María, nun acto co Presidente, cos autores Fina Fernández e Vicente Ansola, co editor Pablo Quintana, e co artista Carlos Núñez
- Presentarán o libro-CD Antón Corral. A alborada dun soño, que aborda a vida deste ilustre artesán de instrumentos musicais, que difundirá a Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participará mañá na presentación do libro-CD Antón Corral. A alborada dun soño, escrito por Fina Fernández e con fotografías de Vicente Ansola, que terá lugar ás 19:00 horas na Capela de Santa María. No acto, tamén participarán a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o músico internacional, Carlos Núñez, o editor da obra, Pablo Quintana, e o propio Antón Corral.

Este libro-CD reflicte con detalle a vida de Antón Corral, dende o seu nacemento na Coruña (uns días antes do inicio da Guerra Civil) ata a recepción do premio Martín Códax (entregado en 2016 pola asociación Músicos Ao Vivo), e no que se describe ao detalle o seu paso polos distintos obradoiros de Lugo, Ortigueira, Vigo e Tui, nos que levou adiante o seu importante traballo de construción e divulgación da música e dos instrumentos tradicionais populares galegos.

Ao rematar a presentación, o grupo lucense Os Minhotos tocarán varias pezas de música tradicional galega na Capela de Santa María.