Deputación de Lugo

A Deputación leva á Capela de Santa María 7 concertos de música clásica gratuítos

- García Porto presentou este luns na aula do obradoiro de instrumentos musicais galegos do Centro de Artesanía, o IV MusicAD - Cuarteto de clarinetes, dúo de violoncello e piano, dúo de laudes, cuarteto de corda, metais de Galicia e o grupo Ars Combinatoria serán os artistas desde ano - Os concertos terán lugar na sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. A entrada é totalmente gratuíta

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este luns, na aula do obradoiro de instrumentos musicais do Centro de Artesanía, a programación gratuíta do IV MusicAD. Esta iniciativa que organiza o CENTRAD, achega sete actuacións de música clásica, dende o 6 e ata o 18 de setembro, á Capela de Santa María.

García Porto subliñou que “dende a Deputación apostamos por este tipo de actividades que achegan gratuitamente actuacións musicais aos lucenses, e que axudan a fomentar e difundir a música clásica dos nosos artistas”.

Todos os concertos terán lugar na sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

Programación
Martes 6 de setembro.-O cuarteto de clarinetes Xesús Bal e Gai da Asociación Cultural Nois interpretarán diferentes obras de varios mestres da música clásica (Mozart, Rossini, Albéniz e Piazzolla)

Venres 9 de setembro.-Dúo de violoncello e piano (a monfortina Sabela Vázquez Ramos e a lucense Ana Fernández Galloso)

Domingo 11 de setembro.-O grupo “Ars Combinatoria” co concerto En torno a las Huelgas interpretará pezas de El Códice de las Huelgas

Lunes 12 de setembro.-Dúo de laudes "La Compagna" integrado por Rafael Muñoz e María Luz Martínez interpretarán Dialogue, dúos ingleses e italianos para laúdes renacentistas

Venres 16 de setembro.-O grupo de Metais de Galicia (Esperanza Mara Filgueira, Miguel Vizoso, Marina Abuín e Xosé Carlos Seráns) co concerto Lembrando a Manuel María, unirá música e poesía empregando a palabra dos poetas galegos

Sábado 17 de setembro.-A asociación cultural e medioambiental Quercus Sonora a través do seu cuarteto de corda interpretará La muerte y la doncella do compositor austríaco Franz Schubert

Domingo 18 de setembro.-O grupo “Ars Combinatoria” co concerto Música na época de Carlos V  presentará unha alternancia entre a música do século XVI e anécdotas da vida do monarca