Deputación de Lugo

A Fundación TIC asina un convenio con AJE-Lugo para a difusión das súas actividades

​A Fundación TIC da Deputación e a Asociación de Mozos Empresarios da provincia de Lugo colaborarán na difusión da cultura emprendedora entre os mozos e mozas lucenses e, especialmente entre os alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son. O patrón da TIC, e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o presidente de AJE-Lugo, Mauricio Repetto Morbán, asinaron este venres o convenio de colaboración. Grazas a este acordo, a TIC difundirá o labor que desenvolve a asociación empresarial a través de produtos audiovisuais. Pola súa banda, AJE ofrecerá a experiencia dos seus asociados aos alumnos da EIS e impartirá masterclass nas que os mozos e mozas coñezan a iniciativa emprendedora e cal é o camiño que teñen que seguir para decantarse pola vía do autoemprego. Tamén ofrecerá prazas para que realicen o módulo de Formación no Centro de Traballo (FCT) ao amparo da asociación. Ademais os titulados de Realización e Produción da Escola da TIC que estean inscritos na bolsa de trabalo da Fundación poderán desenvolver, en colaboración con AJE, traballos prácticos de investigación e desenvolvemento.​