Deputación de Lugo

Máis de 25 películas hoxe coa Semana Internacional de cine de autor da Deputación

Imaxe deputación de lugo
Todas as cintas que se exhiben na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade e no Pazo de San Marcos, son totalmente gratuítas

Este martes, arranca a Semana Internacional de cine de autor da Deputación, que conta na súa programación, con máis de 100 películas. Hoxe proxectaranse 26 cintas, entre longas e curtas, na Biblioteca Municipal; Museo Provincial; MIHL; Vicerreitorado da Universidade; no Pazo de San Marcos e no Auditorio Gustavo Freire.

Dentro da programación do festival figuran, entre outros, un ciclo sobre a discapacidade intelectual para conmemorar o 50º aniversario de ASPNAIS. Haberá unha mención especial ao Gran Teatro, á muller como protagonista; así como a persoeiros como Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira, polo seu traballo en El desconocido.

Programación
Auditorio Gustavo Freire
Ás 18:00 horas proxectarase a longametraxe de animación xaponesa El niño y la bestia pertencente o ciclo infantil.
Ás 20:30 horas dentro do ciclo o mellor do ano proxectarase a película francesa Mustang.
Ás 22:45 horas proxectarase Todo saldrá bien, a película española que participa na “sección oficial” da semana.

Museo Interactivo da Historia de Lugo
Ás 18:00 horas dentro do ciclo A muller protagonista proxectarase a película española Soledad descalza.
Ás 20:00 horas proxectarase Kafana (Basta ya) e a curtametraxe El camino del sol pertencentes ao ciclo “como a vida mesma”.

Pazo de San Marcos
Ás 18:00 horas no ciclo Cine galego proxectaranse as curtas Restart, A lina política, A última moeda, Aldeia Velha e Pingelap.
Ás 20:00 horas proxectaranse as curtametraxes 7 años de nuestra vida, Las alas de Néstor e a película Un día en el Cruz de Mayo, integradas dentro do ciclo 50 aniversario ASPNAIS.

Vicerreitorado da Universidade
Ás 19:30 horas ten lugar o ciclo As curtas tamén son cine, no que que se proxectaran Pasapalabra, Sabes tú, El escape, Vida eterna & asociados, El préstamos, La tete del l´emploi, Cartas a supermán e Lurna.

Biblioteca Provincial
Ás 20:00 horas dentro do ciclo E para comer...Lugo, proxectarase o documental Deconstruyendo a Dani García, e a curtametraxe Creo que te quiero.

Museo Provincial
Ás 20:00 horas no ciclo Arte de cine proxectarase a película uruguaia Detrás del mito e a curtametraxe Ashes.