Deputación de Lugo

Máis de 200 persoas participaron nas actos en conmemoración do X Aniversario do Museo de Tor

Os asistentes á festa puideron facer pan, degustar viños da Ribeira Sacra, percorrer as instalacións do Pazo de Tor, e gozar de música en directo

Máis de 200 persoas participaron nas actos gratuítos que a Deputación organizou para conmemorar do X Aniversario do Museo de Tor, nas que participaron, entre outras autoridades, o Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé Roca.

A Deputación facilitou dende primeira hora da mañá, un servizo gratuíto de autobuses dende cada un dos museos da rede, para que as persoas que quixeran puidesen asistir a celebración.

Xente de toda a Provincia e do contorno de Monforte de Lemos contribuíron a que a celebración dos dez anos do Museo Pazo de Tor fora todo un éxito.

Os asistentes á festa puideron facer pan, degustar viños da Ribeira Sacra, percorrer as instalacións do Pazo de Tor, e gozar de música en directo. Na xornada, descubriuse unha placa conmemorativa do décimo aniversario do Pazo de Tor como Museo.

Ademais, preto dun cento de persoas realizaron visitas guiadas ao Pazo de Tor e asistiron a inauguración de “Tor Oculto”. Para rematar, os asistentes desfrutaron pola noite dun concerto en directo do grupo Gin Toni´s no que se versionaron clásicos da música española.